As tres universidades
galegas participan na Rede Galega de Cooperación Universitaria ao
Desenvolvemento, froito do Convenio de Colaboración que asinaron o 16 de xuño
as tres Universidades, a Vicepresidencia e a
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta
de Galicia. Deste proxecto
xorde ,entre outras actividades, un calendario de formación moi amplo,
no que está encadrado un curso de Introdución á Educación para o
Desenvolvemento o cal está a impartir ESF.
A primeira sesión, que contou co apoio do CUFIE e a OCV, tivo lugar na Coruña o pasado 10 de outubro. Entre outras cousas nela explicouse a evolución da EpD e as conclusións obtidas nas entrevistas que lle levamos facendo ao profesorado universitario. Ademáis expuxéronse catroce iniciativas relacionadas ca EpD que se están a levar a cabo na Universidade da Coruña para poder debatilas, buscarlle obstáculos e facerlle propostas de mellora, aquí vai unha listaxe das iniciativas e as conclusións obtidas:
Presentación
de exemplos de EpD existentes e propostas de mellora:
Materias
específicas sobre cooperación e educación para o desenvolvemento:
O profesorado non coñece ou non ve a relación ca temática.
Deberíanse crear xornadas participativas.
Son conceptos novos, o alumnado pode estar perdido ante estas materias.
Sería positivo vincular as materias obrigatorias cas optativas.
Dificultade ou medo entre profesorado para completar o número de
créditos necesarios.
De ser necesario presentar a materia sería unha gran oportunidade
para dar a coñecer novas metodoloxías docentes, non só os contidos
da materia.
Máis problemas entre profesorado que problemas burocráticos á hora
de introducir novas materias.
Estase a pasar de Bolonia2 a Bolonia3, isto pode abrir un espazo
para poder introducir novas materias.
Colaboración con
ONGD para organización de cursos con recoñecemento académico
sobre esta temática:
A propia ONGD ten aptitudes e coñecementos adecuados?
Como se estimula a organización desde tipo de actividades, tanto
polas ONGD, as escolas, o profesorado, e o alumnado?
A actividade que se está prantexando ten que ver cos estudos que se
están impartindo na escola?
O alumnado está saturado de horas de clase que son obrigatorias para
poder aprovar e non ten tempo para isto. Cando realmente pode prefire
descansar e relaxarse.
Complementar actividade académica e formativa.
Establécense redes.
Xeneración de
materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica
docente habitual, estando a promoverse tamén o APRENDIZAXE-SERVIZO:
Falta de información e recursos.
Barreira comunicativa.
Reacción de compañeiros e profesores, barreira psicolóxica.
Non se coñecen as necesidades do colectivo (descoñecemento mutuo).
Alianzas con ONGD
para proxectos de investigación para o desenvolvemento (exemplos:
solidaridade internacional: proxecto de estudo dos seus propios proxectos de EpD con
departamento de comunicación, ESF-Cartolab, etc). Deste xeito a
investigación pode ser moito máis aplicada.
Falta de información e recursos.
Barreira comunicativa. Descoñecemento mutuo.
Barreiras psicolóxicas, medo a que a situación nos poida superar ou
dar máis traballo do que tiñamos pensado.
Acceso a
subvencións específicas para universidades para proxectos
internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións
de EpD ou IpD, en Galicia este ano por primeira vez por parte de
Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Falta de tempo para levar a cabo unha acción conxunta entre dúas entidades que se descoñecen por completo.
Barreira comunicativa propiciada por un descoñecemento mutuo.
Barreiras psicolóxicas, medo a que a situación nos poida superar ou
dar máis traballo do que tiñamos pensado.
Dirección de
tesinas ou proxectos fin de carreira con contidos de EpD ou
cooperación para o desenvolvemento.
Falta de formación e información entre profesorado, tutores e
tribunal.
Falta de experiencias previas e de bibliografía.
Rede galega de
educación para o desenvolvemento na docencia universitaria.
Non resulta de rentabilidade económica inmediata
A universidade é moi competitiva e a actividade docente moi
mercantilista, os docentes orientan o seu traballo a como se os vai avaliar, non a mellorar como profesores.
Os docentes poden pensar que isto non forma parte da súa labor
docente.
A universidade ten que contribuir á transformar a sociedade e non
ten sentido traballar illado, a rede pode ser imprescindible.
Proponse facer un congreso que sirva de arranque.
Novas ferramentas
didácticas distintas ás tradicionais, que xa se están a utilizar
aínda que non de xeito xeralizado (xogos de rol, exposicións,
relatorios...).
As dinámicas teñen a
traba de que non estamos acostumados a opinar en público e
empobrecense os resultados obtidos. As veces obrígase a participar
e isto desmotiva, non se pode obrigar a ninguén a nada.
Profesorado encerrado en
clases maxistrais e posiblemente non teñan as ferramentas
necesarias para romper ca súa forma de ensinar se así o desexaran.
*O CUFIE ten cursos formativos sobre isto, e a fundación
universidade-empresa, tamén.
Os profesores están
sobrecargados de traballo, non teñen tempo para preparar as clases
e preparalas con novas medotoloxías e casos practicos leva o triple
de tempo.
O sistema de avaliación
actual non sirve para producir cambios reais, o profesorado “caca”
seguirá estando sempre aí e facendo o mesmo. Pouca xente cubre as
enquisas, polo tanto non se toman en serio porque a mostra non é
suficientemente ampla.
Profes convencidos de
que é posible e fácil levar a cabo melloras nas metodoloxías pero
o alumnado non ve esas “facilidades” no seu día a día de
aulas.
Cursos de
formación de formadores.
Dificultade de compatibilizar docencia e investigación: o
profesorado busca accións para mellorar na súa carreira persoal e
non en mellorar a docencia. Conta moito máis as publicacións e
patentes que a docencia, polo tanto para acreditarse deixan de lado a
docencia.
Diagnose sobre a
educación para o desenvolvemento na universidade pública galega:
proceso interesantísimo ao falar co profesorado, e coñecer outras
ideas. No estudio presentouse ao profesorado se consideraban que a
universidade debe estar comprometida.
A
hora de facer enquisas o grupo mostra sempre é o máis accesible e
maís positivo, máis sensibilizado.
Demasiados
emails, estamos expostos a unha excesiva comunicación. Borramos
mails sen lelos e é complicado establecer novas comunicacións.
A
hora de facer enquisas pódese pecar de facer esquisas moi
ambiciosas con un número de ítems excesivo que leven moito tempo e
desanimen a participación. Facer entrevistas en persoa pode axudar
a superar esta barreira.
E como o tempo de traballo non é eterno, aquí van actividades que se están a levar a cabo na universidade da Coruña pero que non dou tempo a traballar.
- Colaboración con ONGD para que “veñan a aula” (lectorado):
- Estancias de investigación para docentes ou estudantado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vencellados a proxectos de investigacións ou proxectos de fin de carreira.
- Prácticas para alumnado, convalidación de créditos ETC por horas de voluntariado ou formación externa (pode ser en ONG con convenio coa universidade).
- Facilitar loxística para eventos relacionados (ciclos de cine, exposicións, relatorios...)
Bonus Track: novas propostas.Para finalizar unha listaxe de iniciativas que non se están a levar a cabo pero que nos gustaría que si se fixese:
-Fomentar realmente unha das 14 propostas xa existentes. Difusión das
opcións que xa temos.
-Máis espazo para a sensibilización, as 14 propostas existentes son
de EpD (que asisten os xa convencidos), necesítase espacio para a
educación non formal.
-Crear un blogue (ou web) aberto entre o alumnado e os docentes.
Aproveitamento das TIC.
-Xornadas dende a propia realidade, sair e ver o que hai fóra e non
estar na burbulla da aula.
-Campañas de prevención e sensibilización por parte do alumnado
para o alumnado.
-Buscar unha forma de consenso, buscar obxetivos conxuntos.
-Apertura de espazos a ONGD ou outros colectivos para que leven a cabo
actividades e facilidades horarias aos alumnos para que poidan
asistir.
-Cursos con créditos ECTS.
-Adaptacións curriculares para todas as titulacións con algunha
práctica obrigatoria relacionada ca -EpD ou cooperación.
-Prácticas en ONGD ou outros colectivos.
-Creación de asignaturas multidisciplinares que involucren aspectos
de EpD ou cooperación.
-Mobilizar ao alumnado ante situacións de exclusión.
-Fomentar dende o PAT axuda e coolaboración entre alumnos.
-Seminario OBRIGATORIO de EpD para profesorado.
-Formación de gabinete para atender dúbidas de profesorado.
-Achegarse aos problemas de cidadanía. Levar a universidade á cidade
e que as actividades da universidade se convirtan en actividades da cidade.
-Favorecer relación e achegamento entre profesorado e alumnado.
-Obrigatoriedade do ano sabático e aproveitamento dese ano.
-Inserir poboación civil entre a poboación asistente ás
presentacións de traballo fin de grao ou teses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario