21 nov 2014

Obradoiro de Instalación Software Libre

O vindeiro venres día 28 de novembro terá lugar en Vigo un obradoiro sobre Software Libre, no que aprenderemos como instalar un sistema operativo de Linux nun ordenador.

O obradoiro terá lugar no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Será impartido por Daniel Vila, consagrado experto nestas temáticas. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere.

Como sabedes, considerase software libre aqueles software cuxo código está aberto para ser lido, copiado, difundido ou modificado para calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Como resultado, adoitan ser tan bós ou mellores que o software privativo, e como resultado de seren desenvoltos por múltiples usuarios particulares, tamén adoita ser gratuito. Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera.

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así aos usuarios.

Non vos perdades este obradoiro e participade con nós da tecnoloxía baseada no Software Libre!

No hay comentarios: