A Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Incidencia Política (da que formamos parte) e
coa colaboración do resto de ONGD da mesma, elaborou un documento con propostas
para que os distintos partidos políticos se comprometan coa cooperación
ao desenvolvemento dende os municipios e as deputacións.
Os gobernos locais
xogan un papel insubstituíble na Cooperación Internacional. A súa
proximidade á cidadanía outórgalles un rol único na provisión de
servizos, na garantía de dereitos, na articulación de procesos de
participación cidadá, e na construción dunha cidadanía global, activa,
crítica e solidaria. Unha cidadanía que, pola súa banda, vén demostrado o
seu compromiso coa xustiza no ámbito máis próximo e máis alá das nosas
fronteiras.
Neste documento atoparedes as propostas. Animámosvos a que as difundades con nós e fagades propostas de mellora!!!
Neste documento atoparedes as propostas. Animámosvos a que as difundades con nós e fagades propostas de mellora!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario