14 may 2015

I Encontro de Comunicación

Ou tamén chamado I Encontro Internacional de Comunicación, para que pareza mais importante, pois onte, mércores 13 de maio, tivo lugar en Santiago de Compostela o primeiro encontro oficial sobre comunicación.

Vouvos poñer en antecedentes. Ata hai uns anos, as actividades sobre comunicación reducíanse casi sempre a tratar temas dos sistemas da información, como as listas de correo que ESF utiliza para a comunicación interna. Ese grupo chámase Grupo de Sistemas da Información (GSI), pero co tempo viuse que tamén había que prestar moita atención ao tema comunicativo, por unha cuestión filosófica:  a comunicación é unha parte esencial no proceso de chegar ao público que non coñece ESF e de chegar ás propias persoas voluntarias; e é moi importante dar unha mensaxe coerente e de coñecer os medios dos que se dispoñen. Tal función, como forma parte da actividade de todos os grupos que compoñen ESF (o grupo de sensibilización sobre acceso á auga, sobre soberanía alimentaria... etc.) debe estar completamente transversalizada e distribuida na nosa benquerida asociación, e non localizada nun grupo concreto.

Así, dende hai uns anos para aquí estamos intentando que a comunicación se vaia interiorizando nos diversos grupos, e para iso, hai, lóxicamente, que comezar por sentarnos e falalo. E iso é o que fixemos onte! E só un comezo, pero xa é mais que nada.

Na foto, pode parecer que non era moita cousa, pero é que moita xente acudiu por skype (as novas tecnoloxías é o que teñen!).

Na reunión, falouse da filosofía e do modelo comunicativo para ESF, de como ten como máximo referente a planificación estratéxica (conxunto de definicións e obxetivos que se acordan cada 4 anos) e de como hai que tratar de contar o que facemos con claridade e transparencia, con liberdade para que cada un teña o seu estilo persoal. Falouse tamén da maneira en que os diferentes grupos poden asumir as portavocías, para que unha persoa se encargue da comunicación, para que non poidan xurdir imprevistos como que un día a radio chame para facer unha entrevista una hora despois e non se sabe quen pode ir. En tercer lugar, falouse dos materiais comunicativos que se van xerando e dos seus posibles usos, como por exemplo facer recopilacións de publicacións no blogue e facer una nova que as reúna todas, e despois falouse da memoria de comunicación. A memoria de comunicación, que é un documento no que se conta o que fixo ESF no último ano ou últimos anos, é moi útil para pedir subvencións e para xustificar as actividades que facemos (o que sería mais unha memoria administrativa), pero tamén para contarlle ao público en xeral e á base social quenes somos, que facemos e como o facemos, nun documento mais vistoso que acordamos chamar ''memoria atractiva''.

Finalmente, se acordou facer outra reunión de comunicación despois do verán, para asentar unha dinámica de contacto cos temas comunicativos que esperamos que axude a que pouco a pouco estes temas se vaian interiorizando na base social. En calquer caso, onte sucedeu un hito en ESF e ainda que quede moito por andar, temos que estar contentos polo que xa se conseguiu!

No hay comentarios: