20 jul. 2015

Tecnoloxia, non es tí, son eu. Capítulo 1: Boli Bo, Boli Malo

No obradoiro da semana pasada de edición de vídeo para ONG organizado pola Coordinadora Galega de ONGD e impartido por Illa Bufarda, dúas persoas de ESF sacaron en día e medio este pequeno vídeo de 1min. 14seg., como primeiro capítulo da serie "Tecnoloxía, non es tí, son eu".


O bo do curso é que tivemos que afrontar todo o proceso de elaboración dun vídeo-
Definindo a idea

Plan de produción e ideas para guión
campaña, que tiña que ser orixinal e sair do habitual nas nosas organizacións. Tivemos que pasar por todas as etapas, dende decidir a temática, concretar as ideas a transmitir, construir o guión (formato americano, con dúas columnas: dereita para descreber o que se oe e esquerda para descreber o que se ve en cada plano), elaborar o plan de producción, construir o atrezzo, gravar video e voz e por último a montaxe.

Os medios empregados foron:

- Un teléfono móbil Sony Xperia Mini
- Un portátil HP Compaq 6820s (do 2008)
- O programa libre de edición de vídeo Kdenlive
- Unha gravadora para a voz en off
- Música do repositorio libre Jamendo
- Imaxes de uso libre buscadas co buscador google
Libreta de rodaxe
- A colaboración desinteresada das profes e dalgunhas das compas do curso (e algún "invitado especial").

A verdade é que pasámolo moi ben facéndoo!!!


En plena edición







No hay comentarios: