CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA
ASOCIATIVA
O ano 2015 remata no blogue con dúas entradas para a
reflexión, á que tendemos aínda máis nestas datas de cambio de
ano: cal
é o papel das empresas en desenvolvemento e en cooperación?,
e por último o debate que
pasa coa guerra en Siria? BLOGUE HONDURAS
O mes de decembro trouxo boas novas en Honduras, xa que a nosa organización socia, CODDEFFAGOLF, recibiu o premio Ecuatorial da ONU
que recompensa os esforzos comunitarios para a reducción da pobreza,
protección da natureza e resiliencia ante o cambio climático. Noraboa!
Raquel, voluntaria técnica en Honduras (xa leva dende agosto e até
febreiro alí estará apoiando a organización socia nosa ) informounos de
como se viviu a emoción da entrega do premio. Podedes atopar algunha das actividades que están a executar no ámbito do Desenvolvemento Rural dentro do proxecto
financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia. E
para rematar o ano, unha análise dos problemas derivados do acceso a
auga como é o lavado da roupa no río por parte das mulleres, que o noso
"corresponsal" Martiño (o único participante no PCR
que quedou dos 4 que foron, xa que ampliou un pouco a súa
estancia no país) nos fixo.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Libro. Comunicación, conflictos y cambio social
- ¿Comunicamos
para a transformación? Documento para la reflexión
- El
papel de las redes sociales en la lucha por la igualdad de
género
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- Entre la vergüenza y el orgullo (artigo en Planeta Futuro dun compañeiro de ESF Catalunya en Ecuador sobre como afectaron os recortes na política pública de cooperación aos traballos no país).
- Decálogo para un nuevo Gobierno sostenible
- La
Xunta presume de su presupuesto de cooperación
internacional tras recortarlo un 65% dende 2009
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- O fenómeno de "El Niño" volve facer estragos
- Manifiesto polo uso dos fondos de condonación da débeda española con Honduras. Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras
- Garifunas
exigimos la desmilitarización de nuestras comunidades y
sus territorios (Honduras)
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Permacultura
- Interesante
informe del Grupo ETC: Pasándose de listos con la
naturaleza
- Desafíos para un mundo rural vivo: cultivar la tierra, proteger al campesinado
- La
tentación verde
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
- Serge Latouche: "Hay que reducir drásticamente las horas de trabajo"
- Premio por defender los derechos humanos: dos presos reciben un reconocimiento por el caso de la empresa española (gallega) Hidralia-Ecoener
- Miguel Benasayag: “Resistir no es sólo oponerse, sino crear, situación por situación, otras relaciones sociales”
- Zygmunt
Bauman: “Las redes sociales son una trampa”, e video
da
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Informe sobre exclusión y desarrollo social en Galicia
- Documental Manual de uso para una nave espacial. 2 DVD. Amigos de la Tierra
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 1 de xaneiro: Día do Dominio Público
- 23 de xaneiro: I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia en Ordes
- 26 de xaneiro: Día Mundial da Educación Ambiental
- Todo o mes: aberta matrícula para cursos online de Federación de Ingeniería Sin Fronteras de auga, enerxía, proxectos internacionais e sistemas de información xeográfica e cooperación
Ademais, o 2016 está declarado Ano Internacional do Entendemento Mundial, así como Ano Internacional das Legumes (moi vencelladas coa soberanía alimentaria en todo o mundo.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
Se me fixeran obxecto, sería obxectivo, per fixéronme suxeito.José Bergamín
No hay comentarios:
Publicar un comentario