24 feb 2016

ESF Galicia convoca 4 prazas de PCR. Convocatoria PCR 2016

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) abre o prazo da convocatoria para o Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2016. 
O PCR consiste na formación específica das persoas participantes no coñecemento da realidade concreta dos países nos que traballamos, co fin de fortalecer o seu pensamento crítico e a súa capacidade e criterios de actuación. 
A data límite para a presentación de solicitudes é o 7 de marzo, ás 12 da noite. As solicitudes que sexan recibidas despois deste momento non entrarán no proceso de selección. Se tes algunha dúbida sobre o concepto de PCR, a filosofía de ESF, a convocatoria ou a túa solicitude podes contactar con info@galicia.isf.es 
Pódese consultar os detalles da convocatoria descargándoos  aquí (non te preocupes polo aviso de conexión insegura) ou a continuación
 

 

2 comentarios:

Beatriz dijo...

Ola, a ligazón que tendes para consultar os detalles da convocatoria non é segura, e cito textualmente a mensaxe xerada ó clicar nela:

"La conexión no es privada. Es posible que los piratas informáticos estén intentando robar tu información de camin246.udc.es (por ejemplo, contraseñas, mensajes o tarjetas de crédito)."

A verdade é que desanima a enterarse mellor do tema... Non sei se o podedes solucionar. Graciñas.


Beatriz RM

ESF Galicia dijo...

A conexión insegura é polo feito de estar colgado o documento nunha nube propia pouco protexida, pero non é insegura para quen descarga o documento senón, en todo caso, para nós.

Pero tamén engadimos a posibilidade de velo directamente na entrada.

Grazas polo aviso!