17 mar 2016

X Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a décima edición do curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano" que se desenvolverá no campus compostelán. 

A través del perséguese mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.  

Tamén se quere amosar a importancia de pór a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento das persoas en todo o mundo, inseparablemente do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

Recoñecido con 2 E.C.T.S ou créditos de libre configuración (plans antigos)  para todas as titulacións dos campus de Santiago de Compostela e de Lugo.




Datas e Horario: 

  • 8, 9, 10, 22, 23 e 24  de Abril
  • Venres e sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
  • Domingos de 10:00 a 14:00 horas
  • Duración total: 60 horas

Lugar:  

  • Aula de proxectos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC

    • Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida
    15782 Santiago de Compostela 




Custe:
  • 50€ non socios/as de ESF
  • 25€ base social de ESF

Prazo de inscrición:

  • Ata o mércores 6 de abril

Proceso de matrícula:

  1. Inscrición no curso a través do seguinte formulario: 
  1. Unha vez realizada a inscrición e se lle comunique á persoa interesada a confirmación de reserva de praza deberá realizar o pago da matrícula no prazo de cinco días laborais na seguinte conta de ABANCA:
    • ES92 2080 0012 3130 4003 1586
    • É importante que no ingreso ou transferencia figuren polo menos os seguintes datos:
      • Nome e apelidos da persoa
      • Nome do curso: X Curso Tecnoloxía e Cooperación
Unha vez que se teña feito a matrícula deberase enviar unha copia resgardo de pagamento por correo electrónico a:

Recoñecemento de créditos:

Para o recoñecemento dos dous créditos E.C.T.S ou de libre configuración será imprescindible cumprir cos seguintes requisitos:
  • Asistencia mínima a un 90% das horas do curso e participación activa.
  • Ademais o alumnado deberá realizar os traballos ao longo do curso, que se avaliarán xunto coa asistencia e participación no mesmo.

Programa completo do curso (entrada libre aos distintos relatorios):

Venres, 08/04/2016
10:00-­11:15 A cooperación para o desenvolvemento humano. Conceptos básicos. Enxeñería Sen Fronteiras, grupo Compostela.
11:15­-12:30 Modelo actual de desenvolvemento e a pobreza. Manuel González López. USC
12:45­-14:00 Alternativas ao desenvolvemento actual. Que é o desenvolvemento sostible? Miguel Pardellas. USC
16:00-­17:15 Precedentes históricos das relacións Norte­Sur. O colonialismo. José Antonio Martínez Domínguez.
17:15­-18:30 A pobreza no Norte ou o Cuarto Mundo. Felipe Noya. Médicos do Mundo.
18:45-­20:00 O concepto de Tecnoloxías apropiadas. José Manuel Vázquez. Aantropólogo e profesor xubilado da Universidade de Santiago de Compostela, colaborador de ESF Galicia.

Sábado, 09/04/2016
10:00­-11:15 A Educación para o desenvolvemento. Tempo de Loaira.
11:15­-12:30 O acceso a auga como dereito universal. Rubén Enrique Benavides. Enxeñería Sen Fronteiras.
12:45­-14:00 Movementos sociais no Sur. Cristina Sangil. Licenciada en Ciencias Políticas pola USC, con masters en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Desenvolvemento Local e Mercados Financieiros. Experiencia como cooperante en Centroamérica e Brasil.
16:00­-17:15 Ferramentas na cooperación: os proxectos. Grupo de Desenvolvemento Rural de Enxeñería Sen Fronteiras
17:30-­20:00 A xestión do proxecto. Introdución ao marco lóxico. José Vara, Emma Núñez e Sandra García. Enxeñería Sen Fronteiras

Domingo, 10/04/2016
10:00­-11:15 A comunicación como ferramenta no desenvolvemento. Roi Guitián ­ Gingko
11:15­-12:30   Consecuencias   da   desigualdade   Norte­Sur:   o   feito   migratorio.   Ma   Carmen   Puga   Fidalgo   e   Eva   Gil. Foro de Inmigración.
12:45-­14:00   Participación   social,   sensibilización   e   incidencia   política.   Miño   Guerreiro. pGrupo   Educación para el Desarrollo de  Enxeñería Sen Fronteiras.

­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­
Venres, 22/04/2016
10:00­-11:15 As culturas indíxenas. Germán Vargas Callejas. Profesor da USC.
11:30­-12:45   O   papel   da   agricultura   no   desenvolvemento   no   Sur   e   introdución   a   Soberanía   Alimentaria.   Francisco   Solano
Raigón.
12:45­-14:00 Ordenación territorial e fortalecemento institucional. Sergio Fernández Alonso. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
16:00­-17:15 A Perspectiva de xénero na cooperación. Vanessa Míguez
17:30­-20:00 Políticas e axentes da cooperación para o desenvolvemento. Mesa redonda.

Sábado, 23/04/2016
10:00­-11:15  O modelo enerxético actual e alternativas. Pablo Álvarez – A nosa enerxia S.C.G.
11:15­-12:30  Implicación persoal na cooperación. A Banca ética. Panxea
12:45­-14:00  Pesca sustentable. José Luis Rodríguez – Asoar­Armega
16:00­-17:15   Tecnoloxías   de   información   para   a   Comunicación   (TIC).   Hardware   e   software   libre.    Pablo   Belay   e   Rafael. Couto ­ XeoPesca
17:30-­20:00 Charla Investigación e Acción Participativa (IAP) e dinámica IAP.  Enxeñería Sen Fronteiras, grupo Compostela.

Domingo, 24/04/2016
10:00-­11:15  A avaliación para o achegamento á realidade das actuacións
11:15-12:30  Dinámica participativa e proxección documental.
12:45-­14:00 Clausura do curso

Mais información:

Para calquera dúbida ou mais información podédesvos poñer en contacto con nosco no seguinte enderezo: compostela@galicia.isf.es

No hay comentarios: