20 may. 2016

Tertulia sobre ciencia e cooperación ao desenvolvemento en Santiago TV

Por ESF estivo Alberto Varela, histórico de ESF en Coruña, profesor na Escola de Camiños da Universidade da Coruña e coordinador do CartoLab (con quen ESF leva anos colaborando tanto en Honduras co desenvolvemento da feramenta gvSIG FONSAGUA para a xestión integral do recurso hídrico, como en Galicia na materia de cooperación para o desenvolvemento da Escola de Camiños e en diversos temas relacionados coa cartografía participativa, Openstreetmaps, índice mundial de TpDH, etc.).

Tamén está na tertulia Pedro Revilla (a quen agradecemos a invitación!), da Misión Biolóxica de Galicia, con quen ESF colabora hai tamén uns anos nun programa de mellora participativa de millo en Honduras.


Aquí se pode ver o programa en dúas partes:

É importante plantexarse o tema de "open knowledge" e "open access", como xeito de "democratizar" a ciencia, ou polo menos facela máis accesible a todo o mundo. Tamén é importante a "fenda científica" como indicador de desigualdade na ciencia (publicacións de gran impacto por países de orixe e outros produtos científicos amosa una brutal fenda que fai que tamén se parta dunha situación moi desigual, os primeiros postos da parrilla de saída están copados e non parece que haxa moita vontade de facer unha parrilla "máis ancha").

Tamén é importante mencionar que a cooperación para o desenvolvemento non implica soamente "cooperación internacional" ou con outros países, senón tamén o enfoque da investigación cara un desenvolvemento baseado na protección dos dereitos humanos en todo o mundo e o ben común. Estamos a conseguir iso co modelo actual de investigación? Probablemente non porque, ao fin e ao cabo, a ciencia tamén está dentro dun modelo de desenvolvemento que non aposta por isto.

O anterior lévanos a propoñer un novo tema para unha vindeira tertulia: a neutralidade da ciencia.

1 comentario:

Chelo dijo...

Yo anhadiría el enfoque de la investigación como herramienta de emponderamiento de personas/comunidades/sociedad para marcar su propio "estilo" de desarrollo (cuantitativo y cualitativo) :)