22 jun 2016

CANTO CHE PAGAN POR IZAR A BANDEIRA?

Traducción dun textiño de El Indio Solari que non ten desperdicio... Queremos ser ese medo?

-----------------------------------------
Somos o medo dos gobernos que minten en nome da verdade. O medo do
poder militar, económico e xurídico que impide a comunicación humana de pobo a pobo.

Somos o medo da soberanía dos piratas do mundo que mutilan o estado de ánimo e impiden as emocións reveladoras.

Somos o medo do poder dos déspotas que reside en mecanismos impersoais. O medo das estruturas burocráticas que desalentan as conductas exploratorias. O medo das grandes fortunas que roubaron os dereitos naturais. O medo dos centros de poder que amenazan coa destrución total.

O deses varóns sensatos e "prácticos" que desexan deixar a súa pegada na historia e creen soamente no que poden forzar e controlar.

Somos o medo de quenes nos adestran a ser corteses cando algunha institución nos pisotea. O medo de quenes temen aos cambios pois o seu status depende da rutina e do tempo doutras persoas. O medo das tecnoloxías caprichosas que nos obrigan a valoralas adoptando sempre os seus supostos básicos.

Somos o vellísimo medo agochado en todos os rincóns do Imperio e estamos encantados ¡encantados!

El Indio Solari



No hay comentarios: