- Hoxe venres en Vigo, Miguel nos falará da súa experiencia en Honduras participando no noso programa de coñecemento da realidade (acaba de volver e aínda ten jet lag!, pero lle dará o corpo para ensinarnos a bailar a Punta).
- Proximamente teremos faladoiro sobre "tecnoloxía para as persoas" e como participar en ESF Galicia, en Compostela o luns 21 ás 20:00h, despois do que tivemos o pasado mércores 16 en Lugo
- En A Coruña, o 21, 22 e 23 de novembro, haberá unhas interesantísimas Xornadas sobre Cartografía Participativa, xurdidas da nosa colaboración co Cartolab da Universidade da Coruña.
- En Vigo, o 28 de novembro ás 18:00h na aula de graos da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, falaremos de Electrónica Ética nun faladoiro colaborando con Amigos da Terra. A repetiremos en A Coruña xa o día 1 de decembro ás 18:00h na facultade de Dereito e con motivo da feira de sustentabilidade da Universidade da Coruña
- Ademais, até o 30 de novembro, podes participar nos Certames de poesía e fotografía de ESFGalicia. Temas: Dereito Humano á Auga e tecnoloxía para as persoas
18 nov 2016
Novembro cargadiño!
Esta segunda metade do mes de novembro vén cargado de actividades
nas que nos encantaría que participaras:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario