28 ene 2017

Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil: programa 2016/2017

Un ano máis está a puntiño de comezar, e van vinte desde as primeiras xornadas "Introdución a Cooperación para o Desenvolvemento" e 17 desde que esas xornadas se convertisen nunha materia oficial da UdC, a materia Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Aquí vos traemos o programa recen saído do forno, agardámosvos os venres ás 11:45 na aula 7 da Escola de Camiños, Canais e Portos. Podedes asistir até completar aforo na/s sesión/s que vos interese/n aínda que non esteades matriculados.

Houbo algún cambio no programa (de datas, sobre todo), aquí podedes ver o definitivo:

Bloque 1: INTRODUCIÓN Á COOPERACIÓN

3-feb
   
 Presentación da materia.
 Enquisa inicial da materia.
 A illa das flores. (ESF-Galicia)
 Dinámica de redes.

10-feb

 Economía e desenvolvemento (Enrique Sáez)
 Dinámica dos cubos. (ESF-Galicia)

17-feb

Choque intercultural (Cristina Vázquez)


24-feb
   
 Cartografía colaborativa (Alberto Varela)
   


Bloque 2: TECNOLOXÍAS APROPIADAS

03-mar
   
As desigualdades. (Atilano Pena)
Distribución espacial da pobreza (Alberto Varela)

10-mar
   
 Axentes de Cooperación e Axuda Humanitaria (Ofelia García, Enrique Peña)

17-mar
   
 Enfoque de marco lóxico (ESF-Galicia, José Anta)


24-mar

Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (ESF-Galicia, Alberto Varela)  


31-mar
   
 Acceso a Auga. TpDH en abastecimento e saneamento (Enrique Peña)


Bloque 3: PROXECTOS DE COOPERACIÓN

21-abr

   
Proxectos de abastecemento. Xestión sustentable dos recursos hídricos.  (Acacia Naves)

28-abr

   
Metodoloxías de traballo en proxectos de cooperación (ESF-Galicia)

05-mai
   
Experiencias da enxeñaría en Cooperación.

Nesta clase contarase ca experiencia de antigos estudantes da ETSECCP que forma parte da base social de ESF-Galicia e a súa actividade profesional está vinculada ca cooperación para o desenvolvemento.

Valoración final asignatura

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se non podedes asistir ficade tranquilos que nos quedan polo menos outros vinte anos por diante.

** Debido á natureza desta materia na que hai implicados 4 profesor@s, unha ONGD e varias persoas expertas alleas á UdC e a ESF resúltanos complexo cadrar todas as axendas e que ninguén teña un imprevisto de última hora polo que hai veces que impartir as clases na orde que consideramos máis lóxica é imposible. Intentaremos minimizar o número de cambios e avisalos o antes posible. Esperamos non causar molestias.

3 comentarios:

Formación ASF Galicia dijo...

Ola compañeiras de ESF Galicia, as xornadas que estades a compartir na entrada, en que horario serían? Gustarianos difundilas entre as nosas persoas voluntarias,

unha aperta!

Elena Pena Basanta

ESF Galicia dijo...

Ola!
as xornadas están sendo ás 11:45 na aula 7

Apertas!

Formación ASF Galicia dijo...

graciñas!

Apertas!