17 mar 2017

Ideas para fomentar voluntariado transformador en ONGD (versións en galego e castelán).

Compartimos para descarga a nosa Guía de voluntariado transformador en ONG de Desenvolvemento, elaborada grazas ao apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


O que pretendemos é, partindo da nosa experiencia en traballo baseado no Voluntariado de Desenvolvemento e de defensa dos Dereitos Humanos globais, contar algunhas das cousas que cremos que son claves para promover este tipo de voluntariado cun enfoque de transformación social, de militancia ou activismo. Ese sentimento de solidariedade universal contribúe a unha verdadeira Educación para a Cidadanía Global. Iso si, somos conscientes do gran descoñecemento que existe na sociedade sobre este tipo de voluntariado (que en xeral, quédase en “voluntariado de cooperación internacional” na súa vertente máis asistencialista ou nas simples “vacacións solidarias”).

Non estamos dicindo que haxa actividades do voluntariado que sexan transformadoras e outras utilitaristas. Falamos de enfoque. Unha actividade que podería parecer utilitarista, como poñer carteis anunciando unha actividade, en realidade o é ou non dependendo do enfoque que do voluntariado haxa na organización, e tamén da idea de voluntariado que teña á persoa voluntaria.


Unha persoa soa pode chegar máis rápido, pero moitas xuntas chegan máis lonxe.

O mesmo que se di que a revolución non será subvencionada, o máis seguro é que tampouco sexa “profesionalizada”.

No hay comentarios: