Son (redoble):
Por Agro e co sacho na man
Carla Méndez. Estudante do Grao en Enxeñería Agrícola e Agroalgomáis (esta titulación cambia de nome coma eu de camiseta) da USC en Lugo. Rapaza de Viveiro que demostrou gran compromiso con ESF (e ambición) tentando xunto con Andreina de facer que a sede de Lugo rexurdira das súas cinzas.Daniel Regueiro. Quen pese ao seu apelido vai por Agro. Estudante de último ano de Ciencia Poítica. De Arzúa, coma os queixos, promete duras conversas como demostra coa súa participación en torneos de debate. Interesado pola política internacional, sen dúbida aproveitará o programa como se merece.
Por Auga e con moito flow
Verónica Torrijos. De A Estrada. Bióloga e enxeñeira ambiental con moitos anos de experiencia en tratamento de augas residuais e xestión de humedais. Máis de dez anos como voluntaria de ADEGA. Haberá que vixilala ben non se vaia a quedar en Honduras!
Adrián López. Voluntario dende decembro do ano pasado. Cursa dous másters porque un non lle é abondo, o de camiños e un de hidráulica ambiental. Outro que vai a haber que vixilalo ben para que volva cargado de anotacións.
Un aplauso! Moita sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario