6 abr 2017

Boletín Oficial ESFeiro (BOE): abril 2017


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de marzo veu cargadiño de actividades. Presentamos o estudo sobre valores éticos en empresas tecnolóxicas de A Coruña, que xa se pode descargar aquí. Tamén fixemos a crónica da Mesa Técnica sobre xestión da auga urbana, na que participamos falando do estudo que temos en marcha sobre percepción do servizo de auga con enfoque de Dereito á Auga en colaboración co CartoLab da UDC. Tamén lembramos a nosa participación, hai xa un ano, no Foro de Acceso á Terra en Valencia. Tamén na liña de crónicas, resumimos a do Faladoiro sobre Seguridade Alimentaria vs Soberanía Alimentaria, que organizamos en Lugo a finais de decembro. O 30 de marzo tivemos unha charla sobre Xeomática e Cooperación Internacional, co Colexio de Enxeñería en Xeomática e Topográfica, falando da experiencia PCR en Honduras de Marcos, un dos PCR 2016, e o 22 de marzo, Día Internacional da Auga, organizamos un cinefórum na Escola de Enxeñería de Camiños en A Coruña coa película A Fonte das Mulleres coa colaboración do CEXEF. Coñecemos a tecnoloxía apropiada de secadeiros solares de frutas en Tanzania grazas a unha das nosas ESFeiras polo mundo, e puxemos a disposición de todo o mundo mundial a nosa publicación Ideas para fomentar voluntariado transformador en ONGD (versións en galego e castelán). Por último, e non menos importante, coñecemos as 4 persoas seleccionadas este ano para participar no noso Programa de Coñecemento da Realidade en Honduras.

Volver



BLOGUE HONDURAS


    En Honduras estivemos pechando as xustificacións das 3 subvencións de Cooperación Galega da Xunta de Galicia que tiñamos que entregar a finais de marzo. É un traballo de recompilación de todo o feito durante os proxectos para amosar o feito con estes fondos públicos. Ademais, xa pensando en próximas actividades no país, fixemos algunhas consideracións sobre os aparatos de xeneración atmosférica de auga, e o 8 de marzo apoiamos o paro polo Día Internacional das Mulleres.


Volver


ENLACES DE INTERESE


Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento



Consumo responsable



Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 




Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Moncho Valcarce. O cura das Encrobas. Brais do Castro. Novos Vieiros.
  • Xénero e desenvolvemento. CGONGD
  • Biodiversidad y derecho a la alimentación. Prosalus, Veterinarios Sin Fronteras, Ingeniería Sin Fronteras, Cáritas
  • Manual de construcción con botellas desechables de plástico

E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

Eu odio a guerra como só pode odiala un soldado que a viviu, como un que viu a súa brutalidade, a súa inutilidade, a súa estupidez.
Dwight D. Eisenhower











No hay comentarios: