Escapada exprés
de sábado a domingo. Isto é a nova estratexia do grupo Agro para
motivar e facilitar o encontro do seu voluntariado, tan espallado polo
territorio, non só galego. Esta vez o lugar elixido foi San Martiño, A Coruña,
en concreto o Mosteiro do SXII de San Martiño de Ozón, autoxestionado como
albergue por un grupo cosmopolita de peregrinos atrapados polo Camiño de Santiago. Recibiunos
Ricardo, un italiano de mans polifacéticas que nos ensinou os rincóns do
Mosteiro e nos amenizou con incribles historias sobre este espazo abandonado durante máis de 50 anos.
De esquerda a dereita, dende arriba a abaixo: Hórreo máis antigo e o quinto máis longo de Galica e tamén o fogar de dous franceses; Ricardo na carpintería do mosteiro; Ricardo mostrándonos un dos espazos que se conservan do SXII (os tellados foron reconstruídos); Ricardo explicando a evolución do Mosteiro no seu exterior (fíxarse no arco semienterrado); espazo común para a realización de actividades varias (antigamente eran as cortes); vista do exterior do Mosteiro; Cruceiro na entrada ao Mosteiro
A reunión de grupo comezou no patio e terminou, pasada a medianoite, despois de compartir unha cea deliciosa na compaña doutros peregrinos chegados dende Europa e EEUU. Antes de durmir, Ricardo sorprendeunos cun espectáculo de lume que nos deixou a todos coa boca aberta.
O domingo
dedicámolo a coñecer o roteiro das Caldeiras de Castro, que aínda con algún retraso
na saída, conseguimos chegar para poñernos a remollo e comer antes de que se
cerrara a chover.
Despedímonos en Muxía, onde fixemos algo de turisteo antes de
espallarnos de novo cara os nosos destinos, xa cos plans feitos para a próxima
Agro-xuntanza…
No hay comentarios:
Publicar un comentario