Despois das
xornadas “bioconstrución” e “ferramentas para a transformación social”, os vindeiros 25 e 26 de novembro vanse celebrar en Salceda de Caselas as últimas actividades
do programa “Concienciación ecolóxica” dentro da actual convocatoria de
Educación para o Desenvolvemento financiada pola Xunta de Galicia. Unha vez
máis contaremos coa colaboración da asociación local TrezeCatorze.
- SÁBADO 25 ás 17h no centro social A Devesa.
- SÁBADO 25 ás 20h no centro social A Devesa.
A xornada
cerrarase coa proxección do último traballo do director de “Dos tomates, dos
destinos”, David Salvochea. El mesmo nos presentará “Planeta
azúcar”, curtametraxe que se integra dentro da campaña “25 gramos” de VSF Justicia Alimentaria
Global, e que busca concienciar as consecuencias da produción e consumo masivo
de azucre.
- DOMINGO 26 ás 11h no Auditorio Municipal: Seguindo a outra
liña temática do programa, a ordenación do territorio, dedicarase a mañá (11:00 h) do
domingo 26 a acercar, neste caso, o concepto de custodia do territorio. Aínda
que o termo pode parecer novidoso, na práctica é máis coñecido do que se pode
crer. Figuras como as comunidades de montes en man común propias de Galicia e
norte de Portugal, son vellas coñecidas desta práctica.
Pero como toda ferramenta,
non sempre é ben usada. Catástrofes ambientais como a causada polos incendios
do pasado mes de outubro, especialmente neste concello e arredores, deixan en
evidencia esta realidade. Queremos aproveitar esta oportunidade para darlle un
enfoque práctico ás potencialidades da custodia do territorio como medio de
prevención de incendios.
Contaremos coas
aportacións daqueles que máis saben do tema. Contaremos coa
participación da Asociación
Galega de Custodia do Territorio, de Ridimoas- Asociación cultural e
ecolóxica para a defensa e estudo dos bosques autóctonos (Ribadavia), do Grupo de Traballo da SGHN “Valora Natura- Gándaras de Budiño”, Comunidade de Montes de Teis (Vigo) e a Iniciativa Social de Custodia Verdeval Asociación .
Terá lugar no Auditorio Municipal
As xornadas, excepto a proxección, contarán con obradorios infantís paralelos para facilitar a asistencia de pais e nais.
Terá lugar no Auditorio Municipal
As xornadas, excepto a proxección, contarán con obradorios infantís paralelos para facilitar a asistencia de pais e nais.
Máis info:
trezecatorze[arroba]gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario