3 dic 2019

Sobre a xestión das reunións da Asemblea Xeral

Sobre ó método de xestión das Asembleas de Enxeñería Sen Fronteiras que empregamos os últimos anos.

Na Xuntanza da Federación de Ingeniería Sin Fronteras de 2014, comunmente "Cósmica de Allariz", algunhas persoas de Enxeñería Galicia participamos nun obradoiro facilitado por voluntariado da Federación, nun obradoiro titulado "Autogestión para la lucha", na que nos deron unhas nocións básicas sobre facilitación, rango, relacións de poder e outros conceptos relacionados coa xestión asamblearia.

Algúns conceptos previos,

Facilitación: "conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais; tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima relacional onde reine a confianza e unha comunicación fluida, empática e honesta" Instituto de Facilitación e Cambio (iiface):

Poder: Influencia que exercen algunhas persoas sobre outras.
  • Poder sobre. Representa un xogo de suma nula onde o incremento de poder de uns significa a pérdida de poder noutros. É un poder aniquilador.
  • Poder para. Aquel que teñen certas persoas para estimular a actividade das outras e elevar o seu estado de ánimo. Relacionado co poder con en tanto que permite que se comparta poder.
  • Rango: Conxunto de características (sociais, económicas, psicolóxicas...) que lle outorgan a unha persoa "xerarquía".
Asemblea: Suxeito no que reside a soberanía da asociación, conformado polas persoas socias e voluntariad según estatutos.


Traballo asembleario. Según nos explicaban naquel obradoiro, a reunión da asemblea non é simplemente un evento que ten lugar durante un día concreto, senón que comeza un tempo antes, e remata un tempo despois. 



Previo a asemblea, resulta fundamental un traballo previo para que as persoas que asisten poidan participar dun xeito efectivo e teñan tempo de ler toda a documentación que puidese ser necesaria. Levar isto a cabo pode resultar complicado, sobretodo cando existe moita carga de traballo para a persoa que facilita, aínda que non hai que perder de vista de que é o ideal.
  • Deseño e preparación. Orde do día, resumos de vogalías e grupos, documentos informativos, manifestos aprobados, enquisas de sondeo de opinión e priorización de puntos...
  • Persoas convocadas. A base social definida nos estatutos.
  • Convocatoria. Por estatutos debe enviarse 15 días antes si é ordinaria ou extraordinaria. Unha asemblea de urxencia pode convocarse con 8 días de antelación.
  • Lugar. O ideal é un sitio amplio onde as persoas se poidan sentar en círculo.
  • Tempo. As asembleas de Enxeñería planificaronse para 4 horas, aínda que o usual son 5. É importante deixar 20 minutos de descanso.
  • Materiais. Case sempre fará falla un proxector para a facilitación, copias da orde do día e os cartóns. En función das actividades específicas poderían facer falta máis.

Durante a asemblea, o núcleo central do traballo asambleario e o espacio preferencial de participación das persoas socias onde, dun xeito preferentemente presencial, teñen a oportunidade de participar na toma de decisións dun xeito directo. Neste punto resulta fundamental o deseño da mesa de facilitación, que describiremos máis adiante.
  • Proceso
  • Persoas
  • Contido
  • Xestión de acordos

Post asemblea. É importante facer un seguimento dos acordos e implementalos cando así se requira. Senón se fai, é probable que se repitan debates que xa se deron, ou se incumplan acordos que se tomaron.
  • Avaliacións. Envianse enquisas de satisfacción á base social.
  • Seguimento de acordos
  • Devolución de resultados

A mesa de facilitación. Son un conxunto de funcións que exercen as persoas dentro da asemblea. Algunhas son perfectamente visibles e separables e outras non tanto. Estas funcións outorgan certa influencia a quén as exerce, sendo moitas veces acumuladas por unha única persoa e que lle da un sobrepoder e dificulta tamén a fluidez. Según puidemos comprobar, unha mesa ben diseñada e composta por persoas que sepan o que teñen que facer, constitue unha poderosa ferramenta que facilita moito a participación e o traballo durante a reunión da Asemblea. As funcións exércenas os diferentes cargos da Xunta Directiva, previo acordo.


Facilitación: E a persoa que enfoca e prepara os puntos da orde do día, así como o traballo previo e posterior. Ademais ten coñecemento profundo da documentación e, como o propio nome indica, facilita os procesos e xestiona os acordos. En principio é a única persoa que non está suxeita ós turnos de palabra, tendo especial sinerxia para esta xestión coa persoa que leva os turnos. Exércea presidencia.

Moderación: Facilmente confundible coa facilitación, como nos decían naquel obradoiro. Case nunca se adoita separar daquela, ainda que nos fixémolo na asemblea de Cangas, e funcionou bastante ben. É a persoa que vixia o debate, que non se cometan falacias argumentativas, que non se salten turnos de palabra... e que se cumplan os acordos previos. Exércea Vicepresidencia.

Toma de acta: É a persoa que toma notas do que acontece na asemblea en tempo real. Hai que procurar coidar a enerxía desta persoa xa que en procesos largos pode acumular cansancio. Exércea Secretaría.

Xestor do tempo. É a persoa que se encarga de medir os tempos e avisar cando nun punto se acabou. Exércea Vogalía de Comunicación.

Turnos de palabra: É a persoa que cede turno de palabra, tendo en conta os acordos previos. Anota a participación de cada persoa. Exércena por turnos as vogalías de PICD/AANN.

Sensora de vibras. Alguén que detecta cando a xente está empezando a desconectar, cando se entra en bucle, cando non se percibe interés por un asunto ou cansancio. Trátase de percibir as emocións do colectivo e decilo se fose necesario. Exércea a Vogalía de Voluntariado.

Acollida de participantes. Recibir os participantes da asemblea e entregarlles a documentación necesaria para o seu seguimento. Diría que o único estrictamente necesario é unha copia da orde do día así como os cartóns para opinar. Exércena por turnos as Vogalías de PICD/AANN

Pepito Grillo. Non se define nunha soa persoa aínda que adoitan exercelas as persoas con máis traxectoria. Está relacionado có recordo dos acordos anteriores. Por exemplo, que unha decisión non pode ser tomada porque vai en contra dun acordo anterior, ou que un debate xa está superado.

Tipos de acordos. 
  • Consenso por unanimidade. Todas as persoas que participan están de acordo. É o ideal ainda que difícil de conseguir posto que hai persoas que teñen capacidade de veto. Os procesos alárganse e córrese o risco de acadar "unanimidade por cansancio"
  • Consenso maioritario. Acádase unha decisión final na que unha gran maioría se sinte representada mentres que outra parte se abstén ou lle resulta indiferente. Os votos en contra deberían ser residuáis.
  • Consenso por gradiente. Esta é unha técnica que nunca chegamos a aplicar, descrita neste libro. No canto dunha votación de si vs non, as persoas colócanse nunha posición ou outra en función do grado de acordo co que están con unha decisión. De tal forma que se pensamos nun reloxo, o mínimo acordo sería o 1 e o máximo 12. Entón, acadase o acordo cando un número determinado de persoas están por encima do 8, por poñer un exemplo. 

Acordos de funcionamento da asemblea. Aquí se encadran unha serie de acordos, que se culminaron na Asemblea de Salceda. Foron sacados de diversas enquisas de satisfacción das asembleas anteriores.


Ademáis, establecimos un sistema basado en cartóns. Cada persona na asemblea dispón de tres cartóns, de cores verde, amarelo, vermello e branco.


O cartón verde sirve para subscribir unha opinión ou mostrar un voto a favor.


O cartón amarelo sirve para manifestar indiferencia sobre a opinión de alguén que está falando ou unha abstención.


O cartón vermello sirve para visibilizar unha opinión en contra ou un voto tamén en contra.


O cartón branco foi algo innovador baixo o meu punto de vista. Durante as enquisas de satisfacción saliron varias opinións que falaban sobre a falta de operatividade dos turnos. Dúas persoas están a falar sobre algo, e outra ten unha resposta clara que pecharía ese debate, pero o seu turno ven máis tarde. O cartón branco permite saltar o turno para ofrecer información obxectiva e veraz. Aquí é importante a labor da moderación.


Este sistema de pode parecer complexo e difícil de levar á práctica. O funcionamento da asemblea de Salceda foi moi bo, e se a xente o vai integrando pouco a pouco ata que o seu uso sexa mecánico, facilita a participación. Ainda que tamén é certo que se fai necesario en asembleas de gran afluencia.


Xa por último, agradecer a todas as persoas que, dun xeito ou outro, contribuiron a este xeito de facer.
 

No hay comentarios: