17 mar 2011

MES DA SUSTENTABILIDADE

Desde o vindeiro 21 de marzo ata o 15 de abril de 2011, Enxeñería Sen Fronteiras levará a cabo en A Coruña unha exposición itinerante no campus de Elviña, oMes da sustentabilidade. Ten como obxectivo informar sobre os residuos xerados polo ser humano, non tanto no proceso de tratamento dos mesmos, senón en canto a acadar unha reducción que permita non malgastar as fontes, recursos e materias primas do planeta. Dito evento conta coa participación e apoio de asociacións como Amigos da Terra, Verdegaia e Adega, e de empresas entre as que se atopan Sogama e Espina y Delfín.

A exposición contará con paneis informativos sobre as
“Tres R” (Reducir, Reutilizar e Reciclar) e cunha exposición cedida por Amigos da Terra sobre residuos.

Por outra banda, e centrándose máis no tema da enxeñería, explícase o funcionamento das
estacións depuradoras de augas residuais (EDAR). ESF pretende dar unha visión diferente sobre o tema da auga, que xa tratou con anterioridade, centrándose máis na importancia da contaminación e recuperación da mesma.

Contarase tamén cunha parte adicada á
enerxía, con información sobre o seu consumo, produción e aforro, cedida por Verdegaia.

Finalmente, os primeiros días de exposición en cada Facultade realizaranse dúas dinámicas co fin de dar a coñecer o axeitado reparto da auga no uso diario e a correcta reciclaxe dos residuos urbanos.

De xeito paralelo, levaranse a cabo as actividades
“Pecha a billa” e “Apaga o candil”, consistentes na pegada de carteis en interruptores e baños para concienciar do gasto e uso que se dá dos mesmos na Escola de Camiños.


As datas de realización do
“Mes da Sustentabilidade” son:


Do 21 ó 25 de marzo na Escola de Camiños.
Do 28 de marzo ó 1 de abril na Facultade de Informática.
Do 4 ó 8 de abril na Facultade de Socioloxía.
Do 11 ó 15 de abril na Facultade de Educación Social.

1 comentario:

Sergio dijo...

Sorte coa actividade!!!!