25 nov. 2012

Coñecendo ós socios locais





O Foro Internacional da Auga xurde coa vontade de ser un espazo de encontro no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao dereito humano á auga.

Para isto convidamos a catro integrantes dos socios locais cos que temos traballado no pasado e traballamos actualmente.

A Alcaldía de Marcovia é socio local na actualidade, a través dos proxectos de abastecemento e saneamento das augas, en comunidades rurais do Golfo de Fonseca, Honduras.

Flor de María Moya, traballadora nesta municipalidade, viaxou ata Galicia para compartir a súa experiencia na cooperación ó desenvolvemento. A súa mensaxe, nun minuto:




CODDEFFAGOLF, o Comité para a Defensa e o Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca, é unha asociación comprometida coa conservación do medio ambiente e o desenvolvemento sustentable de Honduras.

Leana Corea, subdirectora de esta organización, fálanos da importancia da cooperación entre Honduras e Galicia. A súa mensaxe nun minuto:



1 comentario:

Daniel dijo...

Lovely!! Esperando más entradas del FIA!! :)