20 may 2013

Coñecer, motivar, escoitar e persuadir


Este era o título da formación que impartiu Xacobe A. Fernández, psicólogo e socio de ESF Galicia, o pasado 8 de marzo na Xuntanza, a do XX Aniversario. A través da contestación a varias preguntas en forma de text fomos desfiando os contidos da formación.

 
Coñecer
Partimos da frase “ o mapa non é o territorio” para analizar as teorías do Positivismo e do Construtivismo. Discutimos se as ONGD sufrimos o efecto do falso consenso, segundo o cal tendemos a pensar que os demais se comportarían igual que nos nas mesmas circunstancias ou , pola contra, temos o sesgo da falsa peculiaridad, tendencia a considerarnos como únicos. Tamén disertamos sobre os grupos, a teoría das atribucións e sesgos para explicar tanto o comportamento das persoas e os acontecementos segundo sexamos actor ou observador. Relacionado con esta teoría vimos conceptos como a relevancia hedónica ou a hipótesis do mundo xusto. Aprendemos que ser idiota é peor que ser imbecil e que os estereotipos son imprescindibles, ainda que haxa que afinalos, xa que nos aforran moito traballo.




 
Motivar
Todas as persoas necesitamos un obxectivo pero é necesario que estea dentro das nosas expectativas, é dicir que se vexa que se pode conseguir. Analizamos as nosas motivacións ca teoría da pirámide de Maslow. Tamén reflexionamos que para conseguir persoas voluntarias motivadas os obxectivos da organización deben ir en consonancia cos da persoa e como a vertebración é cientificamente necesaria!!!
Xacobe falounos do efecto pigmalión e como tamén a autoestima e o seu reforzo inflúe na motivación. Tamén nos explicou o Modelo da Acción Planificada para predecir que unha atitude se convirta en acción e da disonancia cognitiva como fonte de motivación para a busca da coherencia interna das actitudes e ideas, é dicir, como buscamos encaixar nos nosos esquemas.
Escoitar
Reflexionamos a través de exercicios prácticos cómo realizar unha escoita activa. Vimos que cousas que fan non sentir escoitados (disfuncional) tal como dar solucións, certas frases feitas, pedir ou dar información, etc E que cousas funcionais como mostrar interes, silencio, facer un resumo do escoitado, erepetir o positivo, etc.

 Persuasión

Explicáronse someramente técnicas concretas e como se usan na vida cotiá. 




 Avaliación da formación:
Unha vez analizadas as enquisas de avaliación, pódese concluir que en xeral a formación obtivo un alto grado de satisfacción cunha puntuación xeral de máis de 4 puntos sobre 5. Cabe destacar que a maior puntuación obtívose na parte da exposición do formador así como esforzo por favorecer un clima idóneo de aprendizaxe e participación. Pola contra as puntuacións minimas acadáronse na cuestión do manexo do tempo así como a combinación dos contidos teóricos e prácticos, quizais este último punto vaia en sintonía co comentario que nos deixou unha das persoas participantes “Sería necesario aterrar os contidos máis no día a día de ESF, aproveitaríase maís a formación.” A parte máis puntuada tamén se reflexa no outro comentario aportado por unha das persoas asistentes Moi divertido. Moi ben compaxinada a exposición coas preguntas”.
 


No hay comentarios: