Cada vez somos máis concientes do mundo cambiante en que vivimos, por exemplo, fai uns anos estabamos nunha excelente situación económica e agora inmersos nunha profunda crise, fai uns anos houbo un "boom" en canto a voluntariado e agora parece que estamos inmersos nun clima de pasotismo. Sen pretender facer ningún tipo de análise, a cuestión é que en poucos anos parece que moitas cousas mudaron e a nosa asociación non é allea a este entorno cambiante. Mesmo ESF cambiou: traballando pola nosa conta en Centroamerica, plantexándose voltar a Africa, pero a subsahariana, novas sedes, outras rexurdindo, moito máis multidisplinares, máis conscientes do potencial do voluntariado, etc.
Temos que empezar a concebir a ESF como un sistema aberto, en constante interacción co entorno, fluxo de persoas voluntarias que veñen e van, algo dinámico, que fluctúa segundo os cambios e que ten que anticiparse a eles, que aprende, que ten capacidade estratéxica. Esta última palabra é a clave... se estamos en constante interacción co noso entorno, debemos adaptarnos e intentar anticiparnos aos cambios que periodicamente se producen nel (globalización, cambios nas tecnoloxías da información, cambios de valores).
A planificación estratéxica pode definirse como un enfoque obxectivo e sistemático para a toma de decisións nunha organización. Polo tanto, pode considerarse como unha ferramenta que permite ás organizacións prepararse para enfrontar as situacións que se presentan no futuro, axudando con iso a orientar os seus esforzos cara a metas realistas de desempeño.
Na próxima entrada, falaremos sobre cómo se afronta un proceso de planificación estratéxica...
No hay comentarios:
Publicar un comentario