15 feb 2011

VI edición do curso Cooperación e Tecnoloxía

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en modalidade semipresencial a VI edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano que se desenvolverá nos campus lucense e compostelán. A través del, perséguese mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.


Campus Lugo:

Datas: 11 ,12 e 13 de marzo e 1, 2 e 3 de abril 2011

Horario: venres 16:00 -a 20:00 horas, sábado e domingo 10:00 - 14:00 horas, 16:00 - 20:00 horas.

Lugar: Residencia Bay e Gay


Campus Sur Santiago de Compostela:

Datas: 11 ,12 e 13 de marzo e 8, 9 e 10 de abril 2011

Horario: venres e sábado 10:00 -14:00 horas, 16:00 - 20:00 horas, domingo de 10:00 - 14:00 horas

Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)


Recoñecido con 2 créditos de libre configuración

Máis informacion e inscripcion: www.galicia.isf.es/tcpdh

compostela@galicia.isf.es


Prégase difusión!!!


No hay comentarios: