Que mellor xeito de celebrar o Día Mundial da Alimentación que reflexionando dende un punto de vista da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano sobre a tecnoloxía empregada para xenerar alimentos manipulados xenéticamente
1. Empezamos véndoo dende o punto de vista dos tres principios básicos do desenvolvemento humano tal como o entende o Indice de Desenvolvemento Humano:
- Cubrir os dereitos e servizos básicos con equidade. Podería considerarse que vai facilitar o acceso a alimentación barata dada a presumible maior productividade (o cal non está nin moito menos demostrado a medio prazo, pola gran demanda de insumos externos como agroquímicos e o agotamento que produce nos solos tal como están enfocando as variedades desenvoltas de transxénicos, que moitas veces non serven nin sequera para producir máis senon para resistir agroquímicos até que xeneran resistencia mesmo nas plagas ou nas malas herbas).
- Asegurar as posibilidades de producción e participación social (vinculación co acceso a recursos como medio para desenvolver una vida digna). Neste caso a producción pode ser que a curto prazo poda ser maior (e polo tanto puidera empregarse en casos de emerxencias conxunturais) pero queda por demostrar o impacto a medio prazo, polo menos coas variedades que se están a desenvolver. O problema eu penso é que non se fixeron as probas suficientes nin se consensuou que características son realmente as importantes para conseguir coas variedades transxénicas a desenvolver (máis frugalidade? que necesiten menos auga? máis productividade? hai un potencial enorme para "acelerar a evolución" desexada polos productores e productoras que a eles lles leva xeneracións, pero ninguén lles preguntou nada nin se lles implicou, así que a participación social neste eido foi inexistente, o mesmo que á hora de elexir non cultivar tranxénicos (danse moitos casos de contaminación xenética de transxénicos en cultivos non tranxénicos, mesmo de denuncias por parte dos productores de transxénicos, o cal xa cobra tintes surrealistas).
- Facilitar a sustentabilidade e a autonomía a través do aumento da capacidade de xestión de coñecementos sobre o medio físico, social, cultural, tecnolóxico... (vinculación no acceso a coñecementos). Aquí está naufragándose sobre todo polo acaparamento desta tecnoloxía en manos de moi poucas empresas (o mesmo que os medicamentos e moitras outras tecnoloxías) que logo tratan de sacar o maior lucro posible de productos que deberían servir para cubrir un servizo básico (a alimentación). Son polo tanto moi opacas na transferencia de coñecementos, no traballo en rede con grupos de investigación e de participación social de distintos países e rexións, etc.
2. Segundo os principios de tecnoloxía apropiada (da que posteriormente derivou a tpdh):
- Baixo custo, requiren menos investimento de diñeiro que as tecnoloxías intensivas de capital. Isto xa sabemos que non o cumple, son sementes máis caras, que están esixindo moitos máis insumos (fertilizantes para manter a produción, xa que "tiran" máis do sólo, auga, plaguicidas porque moitas precisamente o que fan non é tanto producir máis senon aguantar plaguicidas ou produtos que matan malas herbas, así que se abusa dos agroquímicos con impactos grandes de contaminación difusa). Ademais moitas delas son estériles e crean dependencia tendo que compralas ano a ano.
- Priorizan o uso de materiais dispoñibles no lugar, o que facilita o mantemento e reparación do equipamento. Aplicado a tranxénicos, parece claro que se houbera unha transferencia tecnolóxica das técnicas de manipulación xenética a distintos países e rexións sería máis fácil traballar a partir de variedades criollas para desenvolver variedades tranxénicas algo máis adaptadas ás características locais e facer moitas máis e millores probas de impacto. Precisamente, hai exemplos bos de traballo conxunto a nivel exploración xenética, o último sen ir máis lonxe coa E. Coli.
- Pequena escala, para ser sufragables por familias individuais ou grupos pequenos de familias. Unha maior extensión desta tecnoloxía e evitar o oligopolio podería facer que os prezos foran máis asequibles (igual que os medicamentos xenéricos).
- Fácil utilización, control e mantemento pola poboación sen un alto nivel de cualificación específica. Se se producen variedades a partir de criollas con características específicas desexables e sen esixir procesos tecnolóxicos complicados (como un uso de determinados agroquímicos ou determinadas prácticas complexas) non tería por que haber problemas neste eido.
- Sustentabilidade, poden utilizarse sen danar o medio ambiente. Eu penso que non hai probas suficientes realizadas e se está xogando coa saúde do ambiente, debería esixirse moitísimo máis nisto. Pero se se fan probas un tempo prudencial (habería que decidir canto tempo en cada caso, pero tamén se decide nas medicinas).
- Son flexibles, varían dependendo da contorna sociocultural, lugar e circunstancias cambiantes. Unha tecnoloxía apropiada nun contexto pode non selo noutro. Aquí sería especialmente importante a "descentralización" da investigación nos países e rexións e a participación dos usuarios finais nas características desexables (e penso que estas investigacións deberían ter un control público e non privado, xa que falamos de dereito á alimentación).
- Son relativamente intensivas en man de obra, pero máis produtivas que moitas tecnoloxías tradicionais. Os transxénicos non teñen por que estar vencellados á agricultura intensiva en maquinaria ou agroquímicos se se plantexara outra estratexia (o cal desgraciadamente non está a ocorrer porque "casualmente" a investigación e desenvolvemento de transxénicos está en manos das compañías que tamén desenvolven agroquímicos).
- Supón que as persoas traballarán xuntas para achegar melloras á comunidade. Non ten por que influir o uso de transxénicos neste principio se se cambia o sistema de patentes (polo que non se pode nin sequera ser contaminado xenéticamente polo teu veciño que use transxénicos ou te poden multar...).
3. Segundo características propias da TpDH
-É necesario que os procesos de desenvolvemento incorporen o aumento das capacidades de xeración/reconfiguración do coñecemento, evitando así a dependencia dos que que as detentan. Neste caso o tema de como se está manexando as patentes está claramente en contra deste principio (pero é unha loita similar á das farmacéuticas, e ninguén pon en dúbida o importante que son as medicinas para o desenvolvemento humano excepto algunha minoría, e a tendencia é combinar ás medicinas máis naturais probadas durante séculos cos novos avances que se van logrando, aínda que haxa que probalos durante moito tempo até estar razonablemente seguros dos efectos que terán no "ecosistema" que é o noso corpo).
-Para que o desenvolvemento sexa humano, é necesario que tanto ese proceso de desenvolvemento como o coñecemento en si mesmo permitan e faciliten gañar liberdade e autonomía, tanto de forma individual como colectiva. Ben enfocados, os tranxénicos tampouco terían por que estar en contra deste principio, aínda que agora sexa un dos problemas máis grandes que se está a dar, pero insisto, máis pola forma (multinacionais e oligopolio, patentes e afán de lucro cun servizo básico, non participación e creación de dependencias tecnolóxicas).
- O que habitualmente se entende por difusión e transferencia de tecnoloxía debe ser, en realidade, un acompañamento na xestión da propia tecnoloxía e coñecemento tecnolóxico, buscando a coxeneración en prol do desenvolvemento endóxeno dos participantes involucrados. Nas actuacións de desenvolvemento é necesario superar o enfoque de "aprender" e pasar ao de "xerar coñecemento adaptado ao contexto cambiante", de forma que os participantes aumenten en capacidades reais de transformación. Neste principio penso que a tecnoloxía de manipulación xenética pode ter moito potencial de xerar coñecemento neste contexto, sempre e cando non se desvincule a tecnoloxía dos usuarios finais, que son os campesiños (que son os equivalentes aos médicos na comparación medicinas-transxénicos que veño empregando), e que poidan seguir utilizando esas sementes transxénicas sen perigo para os consumidores e os ecosistemas, logrando novas variedades e non creando dependencia nin obrigando ao seu uso a ninguén.
Así que a pregunta neste caso realmente penso que é: compensa o posible risco (que será maior que o existente coas variedades híbridas, aínda que se minimice cun control axeitado) cos avances que se poden lograr? son realmente imprescindibles estas melloras para poder alimentar o mundo actualmente ou a curto prazo? Estas preguntas tamén nolas estamos facendo a nivel enerxético coas centrais nucleares, onde parece que tecnicamente sería posible cubrir o gasto enerxético actual a pouco que se fixera unha aposta política seria polas enerxías renovables e de baixo risco, ou tamén se están a facer esas preguntas mesmo a nivel sanitario coas medicinas e tratamentos experimentais, aínda que ninguén creo que se fixo a pregunta dos riscos de pasar de ser recolectores a productores que aínda hai xente que critica, "domesticando" especies e facendo de paso unhas desfeitas bastante grandes polo mundo adiante nos últimos 10000 anos, pero coma sempre, máis pola forma que polo fondo, e sendo capaces de alimentar a moitísima máis xente e con, polo menos, máis esperanza de vida, que non sei se calidade...

Así que, por exemplo, neste caso poderían considerarse os transxénicos como TpDH? E habería algún xeito de que se poideran considerar TpDH?
No hay comentarios:
Publicar un comentario