CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Nicaragua
- Blogue Honduras
- Blogue materia de cooperación da UDC
- Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
- Outros canais ISFeros
- Outros enlaces de interese
- Novas publicacións en papel
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Neste mes de setembro comeza un novo curso académico e con el aumentan as actividades esfeiras. Hai unha entrada sobre mapas para entender o mundo, así como unha reflexión no día do cooperante (8 de setembro) sobre como ESF entende a cooperación. Nos vos perdades o obradoiro de tormenta de ideas para a campaña de acollida de novas persoas voluntarias (aínda podedes aportar!!) e os resumos da participación de membros de ESF en charlas (nun curso de verán da USC e na xornada de portas abertas do master de software libre). Remata o mes coa presentación da sede de Compostela dos movementos "do equipo" no verán, ao máis puro estilo de comezo de liga...
BLOGUE NICARAGUA
Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña todavía se vaia facendo antes de pechalo indefinidamente.
BLOGUE HONDURAS
Neste mes chegaron a Honduras Alicia, Eric e Victoriano, participantes no programa de coñecemento da realidade 2011 de ESF. Alí estarán até finais de novembro e coas súas crónicas poderemos coñecer moito máis da zona onde se traballa, os problemas, as causas e como a xente pelexa para superar os obstáculos para ter unha vida mellor. E neste mes xa vai a primeira. Ademais se fala da presentación do programa FONSAGUA no concello de San Francisco de Coray (tamén se desenvolve no de Marcovia).
Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.
Auga
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC
Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.
OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
- DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
- Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
- Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
- Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.
OUTROS CANAIS ISFEROS
- Proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ESF Catalunya Blogue dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ESF Catalunya en El Salvador
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil
- Twitter de ISF Asturias
- Grupo de Facebook Federal de ISF
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
- Asociación española de operadores públicos de abastecimiento y saneamiento
- Wello: delivering clean water to a thirsty world
- Infografía interactiva: how does lack of water affect women&children?
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- A Cova Educativa
- Patas arriba: la escuela del mundo al revés. Libro. Eduardo Galeano.
- Crisis, oportunidad y desafío: De ONG simpáticas a ONG queridas
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Sensibilización
- 5 ejemplos del poder de las y los consumidores: ¡conoce, reclama y transforma!
- El sabor a esclavitud del pepino español (I)
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- La especulación alimentaria bien explicada Vídeo (en inglés). 7min 18seg.
- Brasil aprueba un frijol transgénico público
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Richard Stallman: "El software libre es imprescindible para la soberanía tecnológica"
- Explicando internet a una niña de cuatro años
- Openstreetmap
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).- Edición especial Agua. Un Mundo Sediento. National Geographic España. Abril 2010
- Competencia a muerte. Dirk Barrez. Agricultura campesina versus agroindustria corporativa.
E NO PRÓXIMO MES ...
- 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
- 3 de outubro: Día mundial contra os DRM (Digital Rights Management, ou Xestión dos Dereitos Dixitais)
- 4 de outubro: Día do Animal
- 10-16 de outubro: SEMANA CONTRA A POBREZA. Haberá actividades de teatro de rúa en Pontevedra, Compostela, A Coruña e Lugo.
- 12 de outubro (segundo mércores de outubro): Día Internacional para a Reducción dos Desastres Natura¡s
- 14-28 de outubro: Xornadas Hábitat a Escala Humana organizadas por Arquitectos Sen Fronteiras en A Coruña
- 15 de outubro: http://forounirede.com/ onde tamén participará ESF Galicia
- 16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
- 17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
- 24 de outubro: Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- 24 de outubro: Día das Nacións Unidas
Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
No hay comentarios:
Publicar un comentario