23 ene 2012

Reflexionando sobre as capacitacións en equidade de xénero

Aí vai unha "pequena" reflexión sobre o traballo que estamos levando a cabo nas capacitacións en equidade de xénero nos países do Sur. Un punto de partida para transversalizar este enfoque en ESF, a nivel de proxectos e a nivel de vida asociativa!
"En relación aos contidos das capacitacións, non podo evitar comparalos cos que se levaron a cabo en Nica e a verdade é que cambian bastante. En Nica estaban moi centrados na familia e na necesidade de solidariedade mutua, pero non se centraba tanto no análise e reflexión do
s conceptos xénero/sexo, desigualdade de poder e construcción social de roles, que en cambio son o eixe central das capacitacións de Laure. Cando foron as capacitacións en Nica asusteime da "suavidade" destas, de non aproximarse apenas ao proceso de identificación de desigualdades e deconstrucción de roles de xénero, sen embargo acabei interiorizando, xunto co resto do grupo, que era preciso comezar así, debido á necesidade de tratar con delicadeza estes temas nas comunidades, que xa son de por si complexos e delicados para as familias.

Pero en fin, comparando as capacitacións e lendo os informes de Laure, parécenme que estes últimos non chegan a ser bruscos para as familias e si que abren o que sería o inicio dun proceso de reflexión e, quen sabe se un cambio nun futuro dos roles de mulleres e homes. Párome neste "quen sabe"... porque por outro lado, paréceme que este traballo quedará obsoleto e non servirá para moito se non se lle dá unha continuidade. A min, como muller que levo toda a vida coidando da miña familia, adicándome as tarefas domésticas, matándome para poder conciliar a vida na casa co traballo no campo, pode que un taller como este me acenda a bombilla, pero ao día seguinte voltarei á miña casa, aos coidados, á cociña e ao campo. E como home, idem. E dame rabia velo así, pero sinto que as capacitacións de equidade de xénero son un xeito que temos de sacarnos esa espiña, de autoconvencernos de que xa traballamos o xénero no proxecto, cando ten que ser algo que vaia máis aló, que teña unha continuidade e, por tanto, unha repercusión. Que contribúa ao EMPODERAMENTO da muller. Por suposto, sei que a maioría somos conscientes da necesidade de traballar isto, pero cuestiónome como o estamos levando a cabo.

Por exemplo, e de bote pronto, penso que podería ser interesante (e creo que xa o comentara na asamblea) comezar a traballar con grupos de mulleres organizadas, establecer lazos con elas de xeito que unha vez rematado o proxecto se poida seguir traballando o empoderamento da muller.

Por outro lado, e voltando de novo ás capacitacións, creo que deberían plantearse por separado formación feminista, específica para as mulleres (hai vivencias de muller que eu, como home non podo ter, e por tanto non podo compartir como as vivo e sinto), e formación de novas masculinidades, específica para homes.

É a miña opinión persoal, dende a cal me parece interesante formar un grupiño de traballo que se adique nunha primeira fase a autoformación e logo a dar feedback á asociación para pouco a pouco ir transversalizando o enfoque feminista (a min gústame chamalo máis así) nos proxectos. Non sei se me estou desviando da filosofía de ESF, pero a TPDH pode e ten que ser unha ferramenta que contribúa ao empoderamento da muller e á eliminación das desigualdades de xénero.

Encantaríame que me désedes a vosa opinión!

Déixovos este parte dunha entrada deste blogue no que se recollían contidos que se traballaron con Ester Vivas na charla de Muller e Agricultura:

Medidas, demandas, acciones a llevar a cabo. Tanto a nivel externo como interno del movimiento.

  • Leyes contra las diferencias salariales
  • Acceso a créditos, facilitando el tema de avales externos
  • Herencia si el hombre muere a la mujer
  • Posibilidad de acceso a tierras por las mujeres
  • Educación feminista orientada a la acción: visibilización de discriminación empezando por los propios movimientos.
  • Foros y espacios para compartir y que la visibilización no sea vertical y las mujeres puedan compartir sus experiencias
  • Cuotas, con el debate que ello conlleva, y en cualquier caso con
  • “Etiqueta feminista” a la producción, a pesar de la dificultades para demostrarlo
  • Incorporación de la mujer en espacios públicos y del hombre en espacios privados.
  • Frenar tendencia de la descampesinización
  • Medidas para crear rechazo social a las ideas machistas
  • Regularizar SS, cotizaciones, etc.
  • Microcréditos para propiedad de las semillas
  • Cooperativas y asociacionismo, adaptando a los tiempos de las mujeres para la conciliación de la vida familiar.
  • Cuotas para cursos
  • Trabajo con grupos de mujeres y hombres
  • Visibilización del trabajo de las mujeres
  • Garantizar poder político de las mujeres con acceso a los puestos de decisiones desde nivel micro a macro.
  • Reconstruir el imaginario del feminismo (tiene un significado a veces peyorativo)
  • Coherencia de políticas, trasversalización general de género,también en el sistema y educativo.
  • Líneas de financiamiento específico para cuidados
  • Financiamiento específico en proyectos para lineas de enfoque de género.
  • Formación en nuevas masculinidades
  • Promover alianzas norte-sur, norte-norte, sur-sur, mujeres campesinas-mujeres productoras.
  • Presión e incidencia política, así como formación a los políticos
  • Formaciones específicas de mujeres y de hombres.
  • Trabajo con medios tradicionales de comunicación, es complicado trasladarles las propuestas. Tener aliados estratégicos dentro de los medios. Realizar campañas llamativas.
  • Uso de redes sociales
  • Denuncia de situaciones de desigualdad
  • Agente de cambio personal
  • Autoorganización femenista dentro del movimiento
  • Empoderamiento de las mujeres dentro del movimiento y su papel dentro de la soberanía alimentaria.
  • Colectivización de medios de produción para que así las mujeres tengan también acceso
  • Colectivización de trabajos para que no los tengan que asumir individuos.
  • Medidas que faciliten la recampesinización (transportes, educación, etc.).
  • ¿Creación de instituciones y formas jurídicas nuevas más adaptables porque las que hay no sirven?
  • Cuidado y protección de la madre tierra y los recuros natuales
  • Medidas de mujer y salud"

No hay comentarios: