El mundo era tan nuevo, que la mayoría de las cosas carecían de nombre, y para referirse a ellas hacía falta señalarlas con el dedo.
Cien años de soledad, Gabriel García Márquez.
A linguaxe, as palabras, son a representación das cousas e do que ocorre. A través da linguaxe configuramos a nosa representación da realidade. O mesmo ocorre cos mapas. Son a nosa verdade. Parafraseando a Kranzberg...
os mapas non son bos nin malos, pero tampouco neutros
Tendo esto en conta, presentamos hoxe en sociedade o mapa de Peters. Esta proxección reflexa correctamente as áreas dos países, polo que é unha proxeccción equirreal.
A proxección de Mercator (a usada convencionalmente) ...
presenta una buena exactitud en su zona central, pero las zonas superior e inferior correspondientes a norte y sur presentan grandes deformaciones.
Así, como xa dixemos, a elección dun mapa, da linguaxe non é algo neutro. Nós, para o trivial da auga eleximos o mapa de peters porque nos parece o máis adecuado á hora de representar o que nós queremos: as áreas dos países. Desplazando ademáis a Europa da posición central que se lle otorga artificial e convencionalmente. Asignándolle o seu peso específico no mundo, tamén estamos marcando unha fronteira: a da realidade que nós queremos mostrar.
1 comentario:
Ugarte falou unha vez disto no seu blog, un artigo bastante interesante e rompedor de mitos: El centro del mundo está al otro lado
Publicar un comentario