26 oct 2006

Dúas historias sobre a auga

Galeano firma o Estarivel
En breve, comezaremos coas crónicas dos eventos, pois estos días de intenso traballo non permiten postear todo o que quixéramos. Mais de momento, e para ir abrindo boca, deixamos aquí uns textos de Galeano.

De especial, ademáis da súa profunda verdade, teñen que apareceron no Estarivel #12 [PDF 533Kb], o cal conseguimos que nos firmase o propio autor... lágrimas nos caeron. De alegría, por suposto.

A AUGA
“...Ó principio dos tempos, a formiga non tiña a cintura finiña. Dío o Xénese, segundo a versión que anda de boca en boca na costa colombiana do Pacífico: a formiga era redonda e estaba toda chea de auga.

Pero Deus esquecérase de molla-lo mundo. Cando se deu conta da súa distracción, pedíulle axuda. E a formiga negouse.

Entón, os dedos de Deus estrulláronlle a barriga. E así naceron os sete mares e tódolos ríos...”


OS DONOS DA AUGA
“...Hai empresas que son como esa formiga pero moito máis grandes.

Ó fin do século vinte, a guerra da auga estalou en Cochabamba. Cando a empresa estadounidense Bechtel triplicou a tarifa dun día para o outro, as comunidades indíxenas marcharon dende os vales e bloquearon Cochabamba, e tamén a cidade rebelouse e alzáronse barricadas e arderon as facturas da auga, nunha gran fogueira, na Praza de Armas.

O goberno de Bolivia contestou a balazos, coma é habitual. Houbo estado de sitio, mortos e presos, pero a poblada continuou, imparable, día tras día, noite tras noite, durante dous meses, ata que na embestida final os cochabambinos desprivatizaron a auga e recuperaron o rego dos seus corpos e dos seus sembradíos.

Na cidade da Paz, en cambio, as protestas non impediron que se apropiara da auga a empresa francesa Suez. A tarifa foise ás nubes, e case ninguén puido paga-la conta. Por que será, preguntáronse os expertos europeos e os gobernantes nacionais. Estaba claro: por atraso cultural. Os bolivianos pobres, que son case todos, ignoran que deben bañarse unha vez ó día, como é costume en Europa dende fai quince minutos, e tamén ignoran que deben lava-lo auto que non teñen...”

Bocas del tiempo, Eduardo Galeano

No hay comentarios: