Normalmente nas asociacións cando se fala de formación sempre se asocia a formación formal e non se ten en conta a formación informal.
As dinámicas informais, supón fundamentalmente aprender desde a experiencia, desde a acción e a través do intercambio vivencial e testemuñal da experiencia duns e outros. Non se trata de procesos de menor entidade que os formais (cursos, seminarios,...) máis ben ao contrario, trátase de procesos que teñen unha especial incidencia e significación na aprendizaxe persoal, especialmente nas esferas das habilidades prácticas e das actitudes e valores.
Cada vez que asistimos a unha reunión do noso grupo de traballo, cada vez que imos a unha Xuntanza, Cósmica, a unha cea, cada vez que disfrutamos do que chamamos o 3º tempo.. estámonos formando! Estamos aprendendo a traballar en equipa, a respectar a opinión dos demais, a escoitar, a oir diferentes opinións (todas elas válidas), abrindo os ollos a novas realidades, ás vivencias dos nosos compañeiros, da experiencia dos máis veteranos e da frescura dos máis novos. Aprender ó fin e ó cabo! A dimensión informal é unha forma de aprendizaxe sempre presente, o sexa de xeito intencionado ou non, da que debemos ser plenamente consientes e incentivala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario