17 mar 2009

Formación en comunicación externa (2ª parte)

Análise das distintas estratexias de comunicación.
¿Cómo se fan e cal é a que mais convén en cada momento?

Continuando ca xornada de formación, dunha forma resumida Lucía Neira, expuxo as distintas vías de comunicación das que se dispoñen.

•Campañas publicitarias
Polémicas por destinar importantes sumas de cartos para a promoción de distintas actividades ou da propia ONGD.

•Publicity
É máis lexitimadora dado que son gratis e non se desvían fondos da asociación. Entre elas destacan:
o Notas de prensa e convocatorias
Na súa redacción algunhas claves para que se publiquen serían provocar interese e empregar unha exposición clara e concisa (para o cal teríamos que evitar unha linguaxe técnica e as siglas que tanto nos gustan). Os titulares teñen seguir unha extructura sinxela: Suxeito+verbo+complemento e chamar a atención, seguidos dun texto en pirámide invertida, é dicir, indo de máis a menos interesante. Para conseguir esto no primeiro paragrafo téñense que recoller cómo mínimo onde, cándo, cómo, quén, e por qué (teoría das 5 w). Así teríamos unha nota de prensa de máximo unha páxina que deberíamos mandala aos medios entre as 11 e 13 horas.



o Roldas de prensa
Facer unha convocatoria uns días antes e un chamado o día anterior para recordar aos medios. Recoméndase preparar un dossier de prensa con documentación básica sobre a asociación que organiza o evento e información sobre o evento propiamente dito.
o Artigos de opinión e cartas ao director
o Entrevistas
O ideal sería ter unha persoa de referencia que teña toda a información sobre o tema a abordar, e ter xa preparadas de antemán as preguntas típicas, cómo xurdiu a idea? en que consiste? etc..
o Novas tecnoloxías
Resaltouse a importancia das novas tecnoloxías, dende as webs, blogs, redes como twenty, facebook, twitter, espazos que teñen os medios, etc...

No hay comentarios: