O Plan de Comunicación
Para poder abordar a planificación de todas as accións de comunicación emprégase o Plan de Comunicación.
O plan de comunicación é un documento que recolle as políticas, estratexias, recursos, obxectivos e accións de comunicación tanto internas como externas que se propón realizar unha organización. É unha axuda de cara a organizar calquera tipo acción comunicativa (campaña, accións de sensibilización, incidencia, etc) dado que é unha guía do traballo para evitar a dispersión do traballo do día a día promovendo o seguimento e a avaliación en busca da mellora contínua.
Toda comunicación comprende cinco elementos básicos: fonte, mensaxe, medio, receptor e resposta. Dito doutra forma, os cinco interrogantes básicos son:
Diagrama de Comunicación. "Guia para la redacción de un plan de comunicación" . Plataforma de Voluntariado de España.
¿Qué hai que dicir?
¿Quén debe decilo?
¿A quén?
¿A través de qué medios e con qué frecuencia?
¿Qué resposta queremos provocar?
E estas preguntas levan o seguinte esquema de deseño dunha estratexia de comunicación:
Determinar qué queremos conseguir, cáles son os nosos obxectivos.
Decidir a quén vamos dirixir nosa comunicación.
Pensar cál é a idea que queremos transmitir.
Fixar o presuposto co que contamos.
Seleccionar os medios apropiados e a súa frecuencia de utilización.
Executar o plan de medios e medir o seu impacto.
Este tradúcese nunhas fases fundamentais, que son:
A. Análise
Sería recadar información básica sobre con que medios materiais e humanos contamos, onde se necesita o apoio de comunicación, qué ferramentas se empregaron, se foron útiles, etc. O que en proxectos se chamaría a liña base.
B. Obxectivos
Fixar con claridade o qué queremos conseguir.
C. Público
Definir a quén nos vamos dirixir.
D. Mensaxe
Decidir a idea a trasmitir.
E. Orzamento
Financiación que precisamos e medios humanos necesarios para levar a cabo as accións prantexadas.
F. Plan de Medios
Elección das canles de comunicación
G. Execución e Avaliación
Tanto durante a execución como despois da súa finalización da actividade deberemos saber se estamos cumprindo os obxectivos.
2 comentarios:
Gracias Patri por compartir con todos a formación en comunicación!
muy interesante y muy resumido... da gusto...
Publicar un comentario