ESF-Galicia organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a cuarta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Exporase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
O curso ten unha duración de 60 horas e desenvolverase 27,28 e 29 de Marzo e 17, 18, 19 de Abril no campus sur de Santiago de Compostela. O Campus de Lugo disporá dunha edición de curso, se ben as datas do mesmo atopánse todavía sen confirmar.
O prazo para matricularse no Campus de Santiago estará aberto ata o venres 27 de marzo do presente ano 2009. Para máis información e inscripción consultar a páxina web http://galicia.isf.es/tcpdh
Este curso é autofinanciado, axúdanos a difundilo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario