As charlas serán abertas, polo que animo a todo o mundo que veña e o difunda. Para os membros de ESF ou calquera ONG esta é unha actividade moi interesante de formación interna, e creo que non hai mellor argumento que o programa deste primeiro fin de semana:
- VENRES 27
10:00-11:00 Benvida e Presentación do curso. Grupo de ESF- Compostela.
11:00-11:45 Definición de conceptos básicos da cooperación para o desenvolvemento humano. Grupo de ESF- Compostela.
12:00-13:00 Que é a cooperación para o desenvolvemento? Perspectiva histórica. Jose Anta, coordinador de Educación para o Desenvolvemento de ESF.
13:00-14:00 Precedentes históricos das relacións Norte-Sur. Jose Antonio Martínez Domínguez, membro de Amani Galicia.
16:00-17:00 Consecuencias da desigualdade norte-sur: o feito migratorio. Xabier Ron, membro do Foro de Inmigración.
17:00-17:55 A pobreza no Norte ou o cuarto mundo. Felipe Noya, médico voluntario e vocal de inclusión da Xunta Directiva de Médicos do Mundo en Galicia.
18:10-19:00 Alternativas ao desenvolvemento actual. Que é o desenvolvemento sostible? Miguel Pardellas, coordinador de proxectos da Sociedade Galega de Educación Ambiental.
19:00-20:00 Quen son e que fan os axentes da cooperación para o desenvolvemento. Xosé Mª Torres, presidente da Coordinadora Galega de ONGDs
- SÁBADO 28
10:00-11:00 O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza. Tratados de libre comercio. Tom Kucharz, membro de Ecologistas en Acción/Verdegaia
11:00-12:55 Novas perspectivas de desenvolvemento humano nas comunidades indíxenas de América Latina. Germán Vargas Callejas (Bolivia). Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
12:10-13:00 O concepto de Tecnoloxías apropiada. Antonio Ríos Ucha, membro de ESF-Vigo.
13:00-14:00 Os gobernos como axentes da cooperación: Políticas de cooperación para o desenvolvemento.
16:00-20:00 A acción participativa no Sur. Enxeñería sen Fronteiras.
DOMINGO 29
10:00-11-15 O acceso a auga como dereito universal. Marta Sara Santidrián Yebra-Pimentel, Grupo Honduras de ESF-Galicia.
11:15-12:30 O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur. Francisco Solano Raigon, enxeñeiro agrónomo.
12:45-14:00 Ordenación territorial e fortalecemento institucional. Sergio Fernández Alonso, técnico de proxectos de ESF
Anímovos a todos a asistir!!!
2 comentarios:
Ehhhh, mi charla no está !!
upps! xa está correxido!!!
Publicar un comentario