29 mar 2009

Curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano". Primer relatorio




Definición de conceptos básicos da cooperación para o desenvolvemento humano. Grupo de ESF- Compostela.


Antes de presentar o curso púxose o Vídeo “La Hambruna”, feito por Iouri Langlet membro de “La Cuculmeca” que tamén se poñerá na conclusión do mesmo. Sen máis explicacións , Adela Fernández, a coordinadora do curso e actual vogal de EPD de ESF Galicia , introduciu o curso, explicando o seu funcionamento, os obxectivos do mesmo e que forma parte das actividades de EpD de ESF Galicia.


Posteriormente realizouse a dinámica de “Cooperación” para explicar este concepto e enlazar ca seguinte dinámica de “Imaxes e conceptos básicos de cooperación”. A cal consiste en que os alumnos relacionen imaxes, que se lle reparten, con conceptos básicos relacionados ca cooperación (educación, neoliberalismo, ONGD, cuarto mundo, subdesenvolvemento, tecnoloxía, entre outras) explicando o por qué desa relación e buscando así unha reflexión. Despois os membros de ESF (Noelia, Rios, Xacobe) explicáronlle a definición desa palabra.












Como parte das tarefas que teñen que desenvolver os alumnos para obter o título, realizan unha ficha por charla onde ademais de valorar o poñente, fan un comentario de cada relatorio: algunha frase, algunha idea, algo que lle suxira...


Pasamos algúns dos que xa temos sobre estas primeiras actividades...


“A verdade é que foi sorprendente..” “aprendín moitos termos que tal vez nunca me parara en pensar que podían significar cando estou canso de escoitalos”

“Me pareció inmejorable”

“... darnos cuenta de la dificultad de realizar proyectos con poco medios”

"Pareceume moi interesante a utilización do recurso dunha actividade grupal para comezas as xornadas.. aprender distintos conceptos de maneira diferente.”

“En realidade todos sabemos estos conceptos básicos e poucas veces nos paramos a reparar neles”

“... entender conceptos básicos de modo divertido, en vez de sentarnos y simplemente escuchar.”

“Me gustó mucho el vídeo de La Hambruna

“me hizo meditar las definiciones de forma individualmente antes de ofrecernos una completa...”

“Esta parte de definicións de conceptos e exercicio de colaboración encantoume”

“Creo que a la gente en general le sorprendió positivamente esta forma de empezar el curso.”

“libera de prexuízos a hora de falar en público e con xente que non conoces.. os conceptos quedan moito máis claros..”

“algúns conceptos básicos a simple vista parécenos obvios pero logo hai matices que descoñecía..”

“é unha forma divertida de empezar e axúdanos a conocernos mellor”


Agora, haber se os meus compañeiros son capaces de facer unha entrada para as seguintes charlas..


PD. E aínda queda outro fin de semana...

4 comentarios:

Sergio dijo...

Vaia puntazo o de poñer comentarios dos alumnos!

Xakobino dijo...

A verdade é que non vira os comentarios, están xenial como feedback e para mellorar.

E ademais animan mogollón!

Angeles Garcia dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Angeles Garcia dijo...

Qué guay! enhorabuena!!