29 mar 2009

A Ra!

A Ra! xa existe.

Tralo seu acto o pasado sábado, a Ra! xa aparece constituída formalmente ante os medios. A Rede Galega Anticapitalista xurdida no seo dos contactos do FSGal aparece agora coma a continuadora da creación dese outro mundo posíbel, e Enxeñería sen Fronteiras participa activamente neste proceso.

Na web da Ra!(http://redeanticapitalista.org/blog) podemos ver un manifesto coas intencións, podemos ver:

Trátase de elaborar novas pólas políticas que antepoñan os dereitos presentes e futuros da humanidade aos intereses do capital:

* Dereito á soberanía alimentaria dos pobos
* Dereito a un traballo e a unha vida digna e contra a precariedade laboral e as novas formas de escravitude
* Remuneración correcta do traballo
* Deslexitimación das políticas económicas e sociais que reporducen as estructuras patriarcais
* Defensa e extensión dos servizos públicos
* Mantemento dos valores ambientais (especies e espazos), dos recursos naturais (auga, sementes…) na esfera do público
* Dereito ao medio ambiente fronte ás agresións ao territorio
* Sustentabilidade enerxética
* Defensa das liberdades e novas formas de participación democráticas
* Defensa dos dereitos humanos, a multiculturalidade e a paz


Os comezos son duros, moi duros. Son moitas organizacións, moi heteroxeneas e con ritmos moi diferentes. Pero o futuro está no artellamento, e a el nos temos que referir.

Agora mesmo a Ra! é unha organización feble, con trazas de crecer moi rápido, por iso temos que prestar especial atención a como se desenvolven os acontecementos para evitar danos perinatais.

Polo de agora debemos croar, de forma de que nos escoitemos uns a outros e nos arrexuntemos na mesma charca. Croemos entón.

No hay comentarios: