22 abr. 2009

jaima:día 1


boas a todos!
o martes 21 foi o primeiro día que a jaima estaba posta en compostela!!





A verdade é que montala foi toda unha Odisea, pero cada un dos membros do grupo de sensi aportou o seu gran de area para levantala!!e acabou quedando chuliiiiisima! E a acollida por parte da xente sorprendente!Tivemos moitos interesados dende o momento da ignauguración.





Todo comezou despois das 8:30 diante da facultade de farmacia, onde chegada unha hora todo aquel que saia pola porta se sentaba a observarnos como a montábamos!

Tamén é certo que moita da axuda veunos por parte do pai do coordinador do grupo, Julio, o pai de Xacobe, sen el o momento "montaxe" non houbese sido o mesmo!!







Unha vez que estaba en pé, adornámola con todo o que tiñamos preparado e colocamos o posto de información e a expo na entrada. O posto de venta de camisetas foi un éxito, non pensamos que se puidesen vender tantas en pouco tempo. Pola tarde este posto metimolo tamén dentro da jaima, en cada un dos laterales.

A ignauguración foi bastante ben, e algún medio tamén veu, de feito máis que o mínimo que requeríamos así que xa podemos dicir que temos un logro.



E si a mañá nos parecera bastante boa, a tarde foi o mellor. A verdade é que eu personalemtne quedei moi contenta. Paseino moi ben co resto de compañeiros de ESF e ver como acudiu a xente á jaima ainda me subiu máis o ánimo. Houbo quen entrou ás 4 e non saiu ata as 8!!!

Ó final o obradoiro de poñerse o turbante convirteuse nunha actividade continua que seguirá a ser continua nos vindeiros días. A xente queria poñelo? pois poñiase. E logo sacaban unha foto, deixabannos o correo e logo nós mandamoslla.
a degustación de té tivémola pola mañá para acompañar a ignauguración.
E pola tarde despois da concurrida charla sobre Sahara impartida por solidaridade galega co pobo saharaui.



A xente quedouse ó taller de henna que ofreceu Patricia Fernández, que foi todo un éxito, de feito non parou ata pasadas as 8 da tarde!!




A xente resistiase a marchar da jaima!!
Por iso ó mesmo tempo xa se comezara o Campionato de Oca Saharaui!!
tivemos unha clara gañadora da cal non teño foto agora, pero faremos unha adicatoria especial a todos os gañadores ó longo destes tres días.
Por último recolleuse todo e deixamolo gardado dentro da facultade de farmacia.

Toda unha experiencia a que estamos a vivir!!

Por hoxe acabou, pero mañá... será outro día de Jaima en Compostela!!!

5 comentarios:

sue dijo...

Pasareime o xoves a visitala, seguro que é un éxito coma o curso que rematou esta fin de semana...gracias a todos vos porque estar toda unha finde de curso non sería o mesmo sen a xente que o organizáchedes...foi un pracer asistir...

Bicos e sorte!

aca dijo...

noraboa a todos! que siga todo así...
oye ¿qué camisetas vendéis?¿las de derecho al agua u otras?... a ver si me puedo escapar a visitaros.
Besos.

Patricia Iglesias dijo...

Nas fotos non se pode percibir o chulo que quedou!!! En compostela estamos superorgullosos do grupo de sensibilización, algúns entraron fai apenas uns meses e están superimplicados, as ganas que lle están botando e como están sorteando atrancos!!! Enhoraboa a Chelo, Albaro, Elena, María, Maca e Xacobe!!!! SODES UNS CRAKS!!! xa vedes que a pesar das "broncas" estamos moi contentiños con vós.. que como din os pais, era polo voso ben.. quen ben te quere farate "chorar" jajajaja


PD. Eih!tamén dicir que ata o grupo Agro se reuniu na Jaima!!!

maria dijo...

moitas gracias a vós!!

Aca, vendemos as da auga e tamén as de sahara que quedaban...
bicos a todos!!

Sergio dijo...

Jo, eu so puiden estar hoxe un momentiño na clase de árabe (bueno, polo menos deume tempo a escreber o meu nome, jajaja). Quedou super-chula!!!