24 abr. 2009

JAIMA: día 2

Mércores 22 de abril foi o 2º día da jaima compostelana.
Iniciamos as nosas actividades ás 10h tras volver poñer toda a decoración que gardaramos en farmacia, coa acollida de todas aquelas persoas que se acercasen.
As actividades pensadas para ese día eran máis relaxadas e con bastante flexibilidade de horario, pois a acollidad e xente, así coma o obradoiro de poñerse o turbante, eran actividades que relamente se levaban a cabo en calquera hora do día, cando a xente se acercaba e solicitaba información nós ofecíamoslla encantados, e do mesmo xeito lle ensinabamos a vestirse con roupa saharaui.
Coma o día anterior tamén tivemos campionato de oca, pero con menos participantes.
Este día veu, no que representa ós medios, a TVG para facer unha reportaxe que sairía o día 23 no informativo local e que agora mesmo podedes ver na páxina web da mesma!! Ademáis o titular que empregaron acada un dos nosos obxetivos, que os refuxiados saharauis sexan os protagonistas!!
Outra actividade que se levou a cabo neste día foi a palestra de ESF. Consistiría en dar charlas sobre a problemática que estabamos a tratar, e así foi. Tivemos 2: unha pola mañá que acompañamos cunha degustación de té e de onde sairon 2 rapazas superamables que incluso nos estiveron axudando e que mostraron gran interés pola ONG.
Outra actividade interesante e que xusto coincidiu cando a TVG estaba gravando foi o curso de Árabe básico que nos veu dar unha amiga de Álvaro.
Logo chegou a hora da comida pasadas as 14h, pois estabamos tan entretidos co curso que se pasou a hora estipulada no horario, e o mellor de todo é que ningun dos asistentes marchou!!de feito algúns ainda se quedaron a mirar as camisetas!!
Pola tarde hai que resaltar a última das actividades do día e na que máis xente acudiu: os contacontos! A verdade é que o fixeron moi ben. Levouse a cabo por parte do grupo "A tropa de trapo" que ainda que admitiron non ter contos saharauis, contaronnos historias do deserto, todas elas acompañadas con sons musicais que eles mesmos tocaban cos instrumentos que trouxeron!!
E tralos contacontos finalizou o segundo día e tocaba recoller as cousas para gardalas na facultade de farmacia unha noite máis!
Todos continuabamos contentos pola aceptación que estabamos a ter, e...quedaba un día!

3 comentarios:

Chelo Revilla Nebreda dijo...

Ey! Ahora sí que mola! Esto es otra cosa jejeje Quiero esas fotos ya!! (bueno, cuando puedas...jeje) para subirlas al Picasa!
Qué momento! cuando apareció por ahí la gallega lo nerviosos que nos pusimos... Y al final al día siguiente con Localia hablaste que ni que te hubieses preparado la entrevista!
Si quieres para la entrada de Jaima día 3 coge de ahí las fotos de cuando estuvo Localia que son muy chulas

maria dijo...

jajajaja
si, e ainda así non sei, xa practicarei máis coas fotos!!

buah! e no de localia! cando vin a reportqaxe sorprendinme a min mesma!! non pensei q quedara tan ben!!!
a ver si nos dan unha copia!!
si, collerei desas fotos para o dia3, a ver si me da tempo a facelo hoxe!!ainda q vou super pillada!

as fotos...creo q é mellor q chas pase nun pen.si podo nesta semana ainda q non haxa reunión, avísote e douchas nun momento q poidamos quedar!

aca dijo...

voy a intentar bajar el video de la gallega para que nos quede... ¿me podéis pasar el enlace? Y el de localia si os lo pasan compartirlo con todos ¿OK?