Ante a inminente celebración das eleccións europeas o vindeiro 7 de xuño, o grupo de formación interna, desta volta liderado por Natalia, está a organizar unha xornada de formación interna aberta a todo o público interesado, que correrá a cargo de Tom Kucharz, membro de Ecologistas en Acción / Verdegaia.
Durante a súa intervención, que leva por título Como nos afecta o Tratado de Lisboa? Impactos das políticas da Unión Europea, Kucharz abordará os diferentes impactos sectoriais das políticas da Unión Europea, como poden ser o Plan Bolonia, o PAC, a directiva Bolkestein, etc.
A actividade desenvolverase o vindeiro martes 2 de xuño, ás 20,00 horas, na Aula 6 da ETSE.
Estades todas e todos convidados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario