28 may 2009

Proxecto Rios

Desde Novembro de 2005 ESF, e na súa representación o grupo de Compostela, forma parte do chamado proxecto rios.
Esta actividade é organizada pola asociación ecoloxista Adega e quere por en valor de tódalas persoas que forman parte dela os seguintes obxectivos:
  1. Achegar a poboación ao entorno natural.
  2. Concienciar da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente.
  3. Traballar para mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais.
  4. Estimular e potenciar a participación cidadá na conservación do patrimonio natural.
  5. Establecer unha rede cidadá activa na protección dos ríos, que permita coñecer o seu estado de saúde e previr e solucionar os problemas.
Desde un primeiro momento que se tivo coñecemento desta actividade o Grupo de Compostela pensou que sería idóneo para a súa formación interna noutras actividades que de maneira transversal podería influír na nosa maneira de entender a cooperación, e tamén como mellor maneira de 'crear grupo' e relacionar os distintos grupos da sede.

Pero realmente o proxecto ríos consiste na adopción dun treito dun río ao cal se lle fará un pequeno estudo da análise das augas, da flora e fauna do bosque de ribeira, ou das construcións que poida haber ao longo da ribeira, para despois facer un pequeno informe que se publicará o final de ano, xunto co resto de adopcións dos distintos grupos.

De novo volvemos a facer esta actividade en Compostela este vindeiro domingo 31 de maio no río Tambre, esperando que todo o mundo que poida se achegue para participar, traendo só ganas de coñecer un pouco máis da natureza que nos rodea.

Jose Rios

2 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

E que saibades que despois de ir ao río imos comer a plaia fluvial de Chaian...fanvos unha empanadas?? ;-)

maría dijo...

snif!!eu non vou!!!!!!!!!!!!!!!