8 may 2009

Curso de iniciación ao software libre.

Desde o GSI de Coruña, e en colaboración co GPUL (http://gpul.org/) organizamos os días 27 e 28 de abril un curso de 14 horas de iniciación ao software libre. Queremos contarvos (encántame usar un plural maiestático cando en realidade no grupo só estou eu xD), cómo nos foi, os resultados que obtivemos(sodes uns pelotas de coidado) e todas esas cousas que en realidade non vos interesan, pero para me facer feliz a min finxamos que sí.

O primeiro día pola mañá estivo marcado polos problemas técnicos e pola aleatoriedade coa que funciona a sala de ordenadores esa. Só dicir que as unidades de cd parecía que foran usadas para facer filloas. Eran incapaces de ler un triste cd. Sen embargo Tsao e servidor, que somos cabezóns (literal e figuradamente), conseguimos facer funcionar 8 ordenadores para os 8 usuarios que o curso ía a ter. Dese día pouco máis que contar. Moita sesión de texto, moito comando, Tsao facendo un esforzo sobrehumano para nos contar todo aquelo dunha forma asumible por humanos normais e ante todo, moita apredinzaxe e bo ambiente, que é o máis importante.

O segundo día foi o do obradoiro de instalación de Debian, que como poideron comprobar os nosos sufridos alumnos, é extremadamente sinxelo; E senón que llo pregunten a Sabela, que debíu repetir o proceso en 6 ordenadores distintos. Despois de loitar coa rede da facultade e do seu querido, amado e adorado servidor (¿nótase a ironía?) démoslle instalado un entorno gráfico (as ventaniñas para os non iniciados materia) e unha suite de aplicacións básicas. Creo que acerto ao dicir que esta foi a parte máis interesante para moitos dos alumnos, a máis útil e incluso a máis divertida. Xa nun entorno máis amigable, demos comezo á última sesión, na que foron aprendendo un pouco acerca das distintas distribucións de linux e dos programas de código aberto dos que se dispoñen.

En conclusión: cómo experiencia piloto estivo bastante ben e obtivemos unha moi boa valoración por parte dos alumnos. Apreciouse o esforzo de Tsao por facerse entender e considerouse que a maior parte dos contidos eran adecuados ao que o curso pretendía. Na parte negativa houbo xente que esperaba algo un pouco de menor nivel e que se perdeu un pouco, e a pouca asistencia. O ano que vén tentaremos colocalo nunhas datas anteriores e esperamos que asistades máis alumos (senón Iván enfádase e empeza a borrar aleatoriamente contas de usuarios no local ;) ).

Para rematar só dar as gracias a Tsao polo tremendo esforzo realizado, tanto os días do curso como os meses anteriores para dotar a oficina de ESF de un sistema informático de calidade e baixo unha filosofía libre. ESF,o GSI e eu mesmo estaremos sempre en débeda contigo.

PD.: Aquí vos quedan os pdfs dos cursos para que poidades formarvos online ;)




4 comentarios:

Sabela dijo...

Sí, tras intentarlo en múltiples ordenadores, soy una experta en empezar a instalar Linux, jejeje.

Muchas gracias a Tsao e Iván por el curso!!!

Sergio dijo...

Muchas gracias a todos, mis frikis preferidos! (sí, Iván, tu también vas incluido en lo de friki, no te escaquees!)

Patricia Iglesias dijo...

Pois o primeiro paso xa está dado, é decir, que fostes capaz de pasar da teoría a posta en práctica. Agora so falta que se poida replicar.. Enhoraboa a todos! (os do GSI,a Tsao, aos alumnos, e a ESF por dar estos pequnos pasiños..!

Anónimo dijo...

hola alguien podria pasarme la direccion de un video de youtube donde se ve lo que se puede hacer con un linux de hace 3 años?