O primeiro día pola mañá estivo marcado polos problemas técnicos e pola aleatoriedade coa que funciona a sala de ordenadores esa. Só dicir que as unidades de cd parecía que foran usadas para facer filloas. Eran incapaces de ler un triste cd. Sen embargo Tsao e servidor, que somos cabezóns (literal e figuradamente), conseguimos facer funcionar 8 ordenadores para os 8 usuarios que o curso ía a ter. Dese día pouco máis que contar. Moita sesión de texto, moito comando, Tsao facendo un esforzo sobrehumano para nos contar todo aquelo dunha forma asumible por humanos normais e ante todo, moita apredinzaxe e bo ambiente, que é o máis importante.
O segundo día foi o do obradoiro de instalación de Debian, que como poideron comprobar os nosos sufridos alumnos, é extremadamente sinxelo; E senón que llo pregunten a Sabela, que debíu repetir o proceso en 6 ordenadores distintos. Despois de loitar coa rede da facultade e do seu querido, amado e adorado servidor (¿nótase a ironía?) démoslle instalado un entorno gráfico (as ventaniñas para os non iniciados materia) e unha suite de aplicacións básicas. Creo que acerto ao dicir que esta foi a parte máis interesante para moitos dos alumnos, a máis útil e incluso a máis divertida. Xa nun entorno máis amigable, demos comezo á última sesión, na que foron aprendendo un pouco acerca das distintas distribucións de linux e dos programas de código aberto dos que se dispoñen.
En conclusión: cómo experiencia piloto estivo bastante ben e obtivemos unha moi boa valoración por parte dos alumnos. Apreciouse o esforzo de Tsao por facerse entender e considerouse que a maior parte dos contidos eran adecuados ao que o curso pretendía. Na parte negativa houbo xente que esperaba algo un pouco de menor nivel e que se perdeu un pouco, e a pouca asistencia. O ano que vén tentaremos colocalo nunhas datas anteriores e esperamos que asistades máis alumos (senón Iván enfádase e empeza a borrar aleatoriamente contas de usuarios no local ;) ).
Para rematar só dar as gracias a Tsao polo tremendo esforzo realizado, tanto os días do curso como os meses anteriores para dotar a oficina de ESF de un sistema informático de calidade e baixo unha filosofía libre. ESF,o GSI e eu mesmo estaremos sempre en débeda contigo.
PD.: Aquí vos quedan os pdfs dos cursos para que poidades formarvos online ;)
Parte 0 Curso ESF-GPUL
View more presentations from carnotan.
Parte 1 Curso ESF-GPUL
View more presentations from carnotan.
Parte 2 Curso ESF-GPUL
View more presentations from carnotan.
Parte 3 Curso ESF-GPUL
View more presentations from carnotan.
Parte 4 Curso ESF-GPUL
View more presentations from carnotan.
4 comentarios:
Sí, tras intentarlo en múltiples ordenadores, soy una experta en empezar a instalar Linux, jejeje.
Muchas gracias a Tsao e Iván por el curso!!!
Muchas gracias a todos, mis frikis preferidos! (sí, Iván, tu también vas incluido en lo de friki, no te escaquees!)
Pois o primeiro paso xa está dado, é decir, que fostes capaz de pasar da teoría a posta en práctica. Agora so falta que se poida replicar.. Enhoraboa a todos! (os do GSI,a Tsao, aos alumnos, e a ESF por dar estos pequnos pasiños..!
hola alguien podria pasarme la direccion de un video de youtube donde se ve lo que se puede hacer con un linux de hace 3 años?
Publicar un comentario