12 may 2009

Felicidades Estarivel!

Por estas datas cúmprense tres anos da reedición do Estarivel.
Primeiro comezou como unha idea abstracta na sede de Compos, pero gracias a un entusiasta grupo, encabezado daquelas por Berto, comezouse a convertir a idea en realidade e saíu o nº 12 á rúa (realmente nº 1 da segunda era!!) apoiado case íntegramente pola xente de Compos.

A finais dese mesmo ano 2006, Patri recollía o testigo e encargábase de sacar á rúa o nº 13, esta vez cun grande reto por afrontar: O Estarivel xa non sería unha actividade de Compos, senón de todo ESF Galicia e o Consello Editorial debería estar formado por un representante de cada sede.

Un ano despois, había novo cambio na coordinación e chegou Tania. O reto desta nova etapa estaba en constituir un novo Consello Editorial (debido á disolución do anterior por motivos disfuncionais) e estabilizar o método de traballo no Estarivel.


Actualmente o grupo Estarivel está constituído por tres persoas: Tania, Lalo e Puga. A tríada leva funcionando desde hai ano e medio, e ademáis tamén contou coa inestimable colaboración de Lara durante todo un ano.
Desde aquí felicitar ao boletín Estarivel e que oxalá lle queden moitos anos máis! Aproveito este espacio para animarvos a escribires e a participar para poder seguir cumprindo anos e para que esta ferramenta única e especial siga axudando a crear conciencias críticas e sexa espacio de difusión das actividades nas que traballamos arreo todo o ano.
Un saúdo e feliz 3º aniversario da nova era!

2 comentarios:

Xose Ramil dijo...

Noraboa polo boletín, gústame o nome.

Lara dijo...

Eiii! ya salio el ultimo número?? Al menos me debeis un mail con él en formato digital...
Besos y animo a todos, es una actividad genial!