6 jun 2009
Charla "Como nos afecta o Tratado de Lisboa? Impactos das políticas da Unión Europea"
O pasado martes, 2 de xuño, como parte da nosa formación interna, organizouse unha charla aberta sobre un tema moi intersante nestos días que corren, as eleccións europeas. Cómo nos afecta? Tom Kucharz de Ecoloxistas en Acción, deunos a súa visión.
O Tratado de Lisboa, un lavado de nome da Constitución Europea, exemplifica unha Unión Europea insostible, antidemocrática, insolidaria e militarista.
É insostible como o testemuña o sua crecente aposta pola enerxía nuclear e a súa imposibilidade para cumprir o Protocolo de Kioto sen recorrer a mecanismos de mercado. Tamén o é xa que a UE é o segundo maior acredor mundial de débeda ecolóxica.
É antidemocrátrica, só o Parlamento, unha das 5 institucións que forman a Unión Europea, elixirase por sufraxio universal directo. E o Parlamento non ten case capacidade lexislativa e está excluído da política exterior. Foméntase a "Europa de varias velocidades", que permitirá que as decisións importantes se tomen entre un número reducido de países ricos. Ademais, a repartición de votos permite que os países máis poderosos (Alemaña e, en menor medida, a Francia, Reino Unido e Italia) teñan máis peso nas decisións, para que estas non se entorpezan polos máis débiles.
É insolidaria xa que está impulsando a nivel internacional a firma de Tratados de Libre Comercio que beneficiarán fundamentalmente as súas transnacionais en detrimento dos sectores máis desfavorecidos do planeta. Outro exemplo do seu insolidaridad é a Directiva da Vergoña que criminaliza a inmigración.
Finalmente é militarista, xa que está facendo un esforzo importante por incrementar os seus recursos bélicos mentres rebaixa as partidas destinadas á Axuda Oficial ao Desenvolvemento. Ademais insta a que se pode intervir militarmente en terceiros paises se os recursos naturais están comprometidos. (ver http://www.statewarch.org/ -- Ben Hayes)
A todo esto hai que engadir que recorta os dereitos sociais. Hai dereitos, como o dereito á saúde, á vivenda ou a un salario suficiente que nin se mencionan, e outros dereitos aparecen devaluados.
Ante este panorama, qué podemos facer? Intentar cambiar a actual Unión Europea, cómo? informándonos e informando xa que a UE é unha gran desconocida para a maioría da poboación. E sobretodo, nestos días votando a partidos que se neguen a seguir estas regras do xogo e buscar unha verdadeira democracia participativa. Está nas nosas máns...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario