4 jun. 2009

LECCIÓNS DE REUTILIZACIÓN: O GSI

Para quen non o saiba, o GSI é o Grupo de Sistemas de Información, e se na Universidade de A Coruña deran medallas pola reutilización de materiais, eles serían os gañadores sen dúbida. Nas derradeiras semanas, o GSI da sede de Coruña, ademais de organizar un curso de iniciación ao software libre, converteu o local nunha especie de "caverna electrónica", onde en calquer momento podería aparecer tanto A Bruxa Avería como Terminator. Tratábase de "volver á vida" a unha serie de ordenadores aproveitando para iso pezas doutros que ían ser desbotados pola universidade e que nos cederon, creando unhas "supermáquinas" (bueno, ou polo menos mellor que o que había ;-D). Pero é mellor que o vexades...(e iso que cando fixemos as fotos xa se podía camiñar polo local)

Ahí temos a Iván, coordinador do GSI en Coruña, o noso Frankestein informático

Contou co inestimable asesoramento de Tsao, presidente do GPUL, cos que temos en marcha a firma dun convenio. Nunca vira a alguén facerlle unha foto a un microprocesador antes de coñecelo...


A esquerda aparece tamén Alberto, que nos botou unha man a pesar de que "aínda" non é voluntario de ESF. No fondo, Paola e máis eu, que non somos "oficialmente" do GSI.

Por certo, non vos aconsello mencionar Windows na súa presencia...

1 comentario:

Patricia Iglesias dijo...

aihsss aí vin o meu antigo ordenata!!! sodes uns xenios!!