15 jun 2009

Xornada de Avaliacion PCR's 2008


O pasado domingo 14 de xuño, celebrouse un acontecemento histórico para ESF Galicia, por primeira vez realizouse unha verdadeira avaliación obxectiva (ou eso se intentou) das persoas que se foron de PCR o ano anterior.

Tras solventar problemas de axenda e nunha xornada menos ambiciosa do que se planteaba nun principio a anterior comisión, pero pola contra si moi operativa, tivo lugar unha interesante reflexión que abarcou dende a pre-estancia, a estancia no país do sur e o período posterior a chegada dos distintos participantes no programa. Así a través dunha enquisa que serviu de fío conductor, intentouse avaliar entre outros aspectos do programa, a convocatoria, a selección, a formación e información previa, a estancia colaborando en distintas actividades do proxecto e posterior acollida e desempeño no grupo de traballo.
As conclusións tras analizar a información xerada, serán recollidas nun informe que presentará a comisión ao seu debido tempo... (ou eso esperamos)

De esquerda a dereita momento "xeado" : Sabela Dávila (PCR Nicaragua), Xavier Loureiro (PCR Honduras), Isabel Somoza (representante Comisión PCR e ex-PCR), Sergio Fernández (técnico de proxectos e membro da comisión), Santiago Girón (PCR Salvador), Raquel Rodriguez (PCR Nicaragua)

Só queda dicir que de seguro que os resultados da avaliación se incorporarán a este programa PCR 2009 (de feito xa se fixo na selección dos candidatos) en busca da mellora contínua e de ofrecer as persoas seleccionadas este ano unha mellor formación, información, planificación e integración nos grupos. Que así sexa... creo que anterior comisión pode "descansar en paz" ;-)

2 comentarios:

Carmen dijo...

Otro hecho histórico e importante en ESF,...
Enhorabuena a todos, especialmente a los que formais la nueva comisión y a los que habeis dado un relevo real en la misma.
Creo que todos podemos estar orgullosos de que cada vez hagamos las cosas un poco mejor. Yo al menos, como militante que me siento, lo estoy.

Lara dijo...

Enhorabuena chicos y chicas! ESF es un pequeño ejemplo a seguir...