Concentración hoxe mercores 1 de xuño ás 20,00 horas diante do consulado de Honduras na Coruña
A Rede Anticapitalista (Ra!), esixe a volta do presidente Zelaya a Honduras e un posicionamento claro das institucións galegas e mundiais
Galiza 30/07/2009-. Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Con gran sorpresa ese mesmo día ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un Golpe de estado e secuestraron ao Presidente Zelaya, truncando así as aspiracións democráticas da poboación que se preparaba para realizar a enquisa popular.
Ao coñecerse a nova as organizacións sociais de Honduras, incluíndo ás da Vía Campesina, saíron ás rúas a repudiar este feito e esixir o regreso do Presidente Zelaya ás súas funcións que a lei lle outorgou.
Desde a Rede Anticapitalista ( formada por 28 colectivos e organizacións sociais ) compartimos a valoración que fai a Via Campesina de que estes feitos son accións desesperadas da oligarquía nacional e a dereita por preservar os seus intereses do capital e en especial o das grandes empresas transnacionais, polo que fai uso da forza militar e das institucións do país como o Parlamento, ministerios, prensa neoliberal e outros.
Dende a RA! sumamonos as demandas feitas pola Vía Campesina, que son:
1. Reestablecemento da orde constitucional, sen derramamento de sangue
2. Chamamos ao Exercito que non reprima á poboación de Honduras que esixe o retorno da democracia
3. Que se respecte a integridade física dos dirixentes sociais, incluíndo a Rafael Alegría, dirixente internacional da Vía Campesina.
4. Esiximos o retorno do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras
5. Que as autoridades garantan en pleno exercicio democrático da consulta popular, enquisa a calquera forma de expresión libre.
Concentración mercores 1 no consulado de Honduras en A Coruña
O posicionamento da sociedade galega ten que ser claro e rotundo, esixindo a restauración democrática co presidente eleito Manuel Zelaya, así como presionar aos estamentos institucionais, Xunta de Galiza, Consulado honorífico Hondureño n´A Coruña, Ministerio de Exteriores do Reino de España, Governo do Reino de España; en que se tomen as medidas de presión necesarias
Hoxe mercores 1 de xuño á partir das 20,00 horas diante do Consulado de Honduras en A Coruña (Monforte 11 –ao caron dos novos xuzgados -) a REDE ANTICAPITALISTA concentrarase para repudiar o golpe de estado e esixir o cese da represión.
Asemade fai un chamamento para que se envien correos de protesta ao consul honorario Marco Criado López ( correo electronico mcriado@icacor.es)
No hay comentarios:
Publicar un comentario