2 jul 2009

NOVA CONCENTRACIÓN CONTRA O GOLPE EN HONDURAS

O venres 3 de Xullo no Obelisco en Coruña, ás 20:00 h, hai prevista unha concentración de condena do golpe de estado en Honduras.

NON FALTEDES!

----------------------------------------------------------------------

OUTRAS ACTIVIDADES PREVISTAS

Onte mércores fronte ao consulado honorífico estivemos un grupiño de persoas de diversas institucións e redes sociais, e hoxe a media mañá farase entrega dun comunicado no propio consulado. Ademais tratarase de facer chegar un manifesto a tódolos medios para que difundan a situación e ás formacións políticas do parlamento galego para que amosen a súa condena expresa. Non se descarta, de seguir a tensión no país, organizar algunha actividade máis durante a semana que ven noutras cidades galegas.


¿E eu, qué podo facer? Ademais de asistir aos actos e concentracións que se vaian convocando, enviar unha proposta de condena do golpe de estado ao foro do parlamento galego, e un correo-e mostrando a túa preocupación ao consul honorífico de Honduras en A Coruña, Marco Criado López (mcriado(arroba)icacor.es )

No hay comentarios: