EN APOIO AOS GANDEIR@S GALEGOS E O SECTOR LACTEO DO 13 AO 17 DE XULLO
Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en
apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para te unires a eles? Non precisas un tractor: abonda con ter un web, un blog, unhas páxinas persoais onde poder insertar durante eses días o código HTML que atoparás na páxina da primeira convocatoria.
A PAC e as políticas neoliberais seguidas polos distintos gobernos centrais e da Xunta teñen posto nunha situación de exterminio aos pequenos produtores do noso país. O dominio do mercado e da política dos prezos polas grandes distribuidoras están a deixar na indefensión aos nosos gandeiros e gandeiras.
Desde hoxe 14 ata o 17 de xullo o Sindicato Labrego Galego e outras organizacións agrarias teñen convocadas tractoradas polas rúas do país. A RA expresa o seu apoio a tales mobilizacións pois entende que se trata claramente da consecuencia de políticas sistémicas que persegue eliminar ás pequenas explotación e poñer toda a alimentación ao servizo das grandes compañías.
O día 17 a web da RA e as distintas webs dos colectivos, blogs e outros espazos da rede van a levar adiante unha tractorada virtual. A RA solidarizase cos labregos e labregas galegas e amosa o seu apoio ao SLG que están a manter unha actitude de valentía e dignidade diante do illamento ao que os queren someter.
No hay comentarios:
Publicar un comentario