15 sept 2009

ASINADO CONVENIO CON GPUL

Onte mesmo fíxose oficial a colaboración que xa levaba tempo dándose de facto, coa firma do convenio entre ESF Galicia e o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL).
Aquí podedes ver as fotos do evento, no que asinaron por duplicado os presidentes de ambas asociacións, en cadansúas sés. Esperamos que a colaboración dure moito tempo!

Asinando na sé de ESF Galicia en A Coruña, na Escola de Enxeñeiros de Camiños (que queredes saber quen é quen? vaaale, á esquerda está Francisco J. Tsao, o presidente do GPUL, e á dereita Enrique Benavides "Quique", presidente de ESF Galicia)

Asinando na sé do GPUL na Escola de Enxeñería Informática, tamén no campus de Elviña de A Coruña.

No hay comentarios: