2 nov. 2009

Presentacións de ESF en Compostela (III): ETSE


E tuvimos a última presentación que nos deixou moi bo sabor de boca xa que tivemos record de participacion tanto de organizacións como de participantes. Aínda que supoño que moito foi debido ao esforzo que fixo a nosa xente, os días anteriores Chelo, Elena e Adela anunciaron a charla nos encerados. Ese mesmo día, Chelo fixo unhas pegadas que Alvaro e Elena puxeron polo pasillo con palabras que decían: Estudas ou traballas? Descubre o voluntariado como experiencia.. co lugar e hora da charla.. E despois no pasillo Rios, outra vez ca bata e as pantuflas, fixo a dinámica de espazos de comodidade, facendo participar ao público.
(Chelo de ESF, Alicia de Intered e Alvaro de ESF)
Despois de que Chelo dera a charla de presentación deuse paso as experiencias, desta vez contamos ca incansable Alica de Intered, Alvaro de ESF, Leticia de Amarante, Gonzalo de Panxea, Gema de Médicos do Mundo, e despois aínda que pensamos que fora un espontáneo, tamén nos achegou a súa experiencia Adega (sintoo pero non recordo o nome).



(Gonzalo de Panxea, Gema de Médicos do Mundo, Leticia de Amarante e "o sen nome" de Adega)

Bueno, agora só queda esperar que algún dos asistentes lle picara o gusaniño do voluntariado... e darlle as gracias a toda a xente que fixo posible todo esto, especialmente a xente de ESF de compos (Rios, Adela, Chelo, Elena, Alvaro, Sabela, Cristina, Albaro de Agro, Seve) e as asociacións que puideron participar con nós: Adega (Paco, Maria José, Diego ), Amarante (Mari, Leticia), Intered (Amalia, Alicia, Alba), Verdegaia (Paula), Médicos do Mundo (Verónica, Gema), Panxea (Gonzalo), e tamén a Educación Sen Fronteiras que aínda que ao final non puideron participar si mostraron o seu interese. A todos GRACIÑAS! sobretodo polas gañas de mostrar o voluntariado como experiencia (enriquecedora, transformadora, gratificante, etc..)

2 comentarios:

Sergio dijo...

gracias a vos por ter ideas xeniais que promovan voluntariado, traballo en rede e espazos de reflexión nunha soa actividade. Sodes uns pioneiros!!

Sabela dijo...

Sí, estan genial esas presentaciones con personas de otras ONGs!